Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CHUS realiza a súa primeira cesárea en que a nai puido estar acompañada

O CHUS realiza a súa primeira cesárea en que a nai puido estar acompañada

A intervención realizouse este mércores no Hospital Clínico de Santiago

O pai puido acompañar a nai durante o nacemento da meniña

Os pais, coa pequena Aylen, descansando no hospital Os pais, coa pequena Aylen, descansando no hospital
G24.gal 20/09/2023 17:26 Última actualización 20/09/2023 19:54

O Hospital Clínico de Santiago realizou a súa primeira cesárea  en que a nai puido estar acompañada. A pequena Aylen naceu este mércores pola mañá e o seu pai, Fabio, puido estar coa nai, Alba, durante o parto. 

Os pais da meniña, que viven en Santa Comba, aseguraron sentirse "felices e emocionados de poder estar os dous coa súa filla desde o primeiro momento". 

As obstetras que realizaron a cesárea manifestaron que foi  gratificante e satisfactorio: "É o broche a un traballo de moita xente, dun equipo multidisciplinar". Ambas as dúas sanitarias destacaron que este tipo de cesáreas teñen "beneficios para o apego e a lactación e permiten á nai estar máis tranquila e máis contenta".

A posibilidade de ter acompañante durante a cesárea débese á aprobación este mes, por parte da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza, dun protocolo que permite á nai estar con quen ela decida durante o proceso e non separarse do neonato en ningún momento, como xa se facía no parto vaxinal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade