Cargando resultados...
Primeira imaxe do túnel de Caneliñas no porto exterior de Ferrol
Xa se pode transitar polos preto de 6 quilómetros de lonxitude
A súa apertura está prevista o ano que vén

G24.gal
14/01/2022 20:51
Remataron as escavacións no túnel de Caneliñas, no porto exterior de Ferrol. Xa se pode transitar polos preto de 6 quilómetros de lonxitude que unen as dúas bocas.
Os últimos traballos foron para apuntalar a estrutura. A súa apertura está prevista o ano que vén. Este enlace ferroviario é clave para mellorar a comunicación co porto exterior de Ferrol.
Segundo a Autoridade Portuaria, a infraestructura vai situar o norte de Galicia nos grandes corredores de mercadorías de Europa.