Cargando resultados...
Protección Civil de Tui recada fondos para axudar os nenos con doenzas pouco frecuentes
Repartiron os fondos entre as asociacións Un Máis e Síndrome de Deleción 1p36
Equipo de Protección Civil de Tui
G24.gal
05/01/2024 13:55
Sorprendidas e moi agradecidas as representantes das asociacións Un máis e Síndrome de Deleción 1p36 que recolleron os cheques da man dos voluntarios de Protección Civil de Tui. Para elas os fondos recadados son moi necesarios para axudar os nenos e as súas familias.
É o terceiro ano que os voluntarios de Tui desenvolven este tipo de iniciativa solidaria. Desta vez elixiron axudar os nenos con doenzas pouco frecuentes e con autismo.
Recadaron os cartos entre as empresas e os comerciantes de Tui. Tamén grazas á organización dun festival con actuacións musicais e monólogos.