Cargando resultados...
Rábade conta cun itinerario para estudar a poboación de bolboretas
De forma periódica van recoller datos sobre as diversas especies que hai na zona
O obxectivo é elaborar un mapa para coñecer a evolución dos exemplares
G24.gal
08/07/2023 21:03
Última actualización 08/07/2023 21:10
As bolboretas son máis ca insectos que interveñen na polinización das flores.
O cambio climático e do uso do solo agrario poden estar detrás do declive de exemplares que desde hai anos afecta a esta especie en toda Europa.
Refírese ás Insuas do Miño, onde a Asociación de Custodia do Territorio promove un programa de seguimento das bolboretas.
Periodicamente estudarán a poboación, identificando as especies e contando as que hai en cada hábitat.