Cargando resultados...
Reabre o treito da Autovía do Morrazo que estaba pechado
O paso da borrasca Domingos causou un desprendemento en dirección Cangas

G24.gal
07/11/2023 21:02
Na tarde deste martes reaubriu ao tráfico o treito da Autovía do Morrazo que estaba pechado tras o paso do último temporal.
A borrasca Domingos causou desprendementos que obrigaron a cortar a autovía en dirección Cangas desde Domaio. O peche afectou un treito de tres quilómetros
Unha escavadora retirou as pedras, terra e vexetación que caeron sobre a vía. Tamen se asegurou a zona onde se conecta a autovía coa Autoestrada do Atlántico para eliminar o risco de novos desprendementos.