Recta final na peregrinación marítima Iacobus Maris
Os veleiros da Iacobus Maris están fondeados hoxe en Sanxenxo
Esta peregrinación marítima supón un intenso intercambio cultural entre tripulantes de todo o mundo
Como en todo Camiño de Santiago o intercambio de culturas é unha das experiencias que máis valoran os peregrinos e a ruta marítima Iacobus Maris non vai ser a excepción.
Por exemplo, os barcos das armadas francesa e española intercambiaron tripulantes para coñecer os diferentes métodos de traballo de cada exército.
Aquí na goleta Atyla temos un grupo de 15 estudantes chegados de universidades de todo o mundo que comparten vida e navegación, son bolseiros do programa Compostela.
Agora que estamos ao abrigo da ría despois dunha movida navegación nocturna terán máis tempo para coñecese e aprender os segredos da navegación clásica.