Recuperan as festas en varias aldeas de Pedrafita logo de corenta anos sen que se celebrasen
Unha veciña que retorna no verán foi a promotora da iniciativa
A idea xurdiu dunha conversa informal con outros residentes do lugar
A verbena ten lugar este sábado e a intención é continuar os seguintes anos
Con satisfacción e ledicia acollen nesta aldea de Pedrafita do Cebreiro a próxima celebración dunha xornada festiva o vindeiro sábado. Xa teñen acondicionado o campo para que se instale a agrupación musical, porque pensan facer a festa por todo o alto. Foi a raíz dunha conversa entre amigos como xurdiu a idea.
Levan máis de 40 anos sen celebrar festas na aldea, pero a promotora desta iniciativa di que desde o primeiro momento todos colaboraron para levala a cabo.
Porque diso se trata, de revivir a festa destas aldeas que cada verán recuperan vida coa visita dos que retornan á vila.