Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recuperan pombais en Allariz para a cría de pichóns de uso gastronómico

Recuperan pombais en Allariz para a cría de pichóns de uso gastronómico

No municipio ourensán quedan en pé trece destas antigas construcións

A carne dos pombiños xa se pode degustar e queren ampliar produción

G24.gal 15/03/2023 20:17 Última actualización 15/03/2023 20:36

De tamaño similar á codorniz pero cun sabor e textura moi diferentes e moi diferenciados.

Así é a carne de pichón, a cría do pombo de menos de tres semanas de vida, que se serve agora en restaurantes de Allariz e que hai décadas era parte da gastronomía galega.

Unha empresa de Allariz está a promover a recuperación da cría dos pichóns mediante os pombais. Unha práctica de séculos pero que levaba moito tempo abandonada en Galicia.

É unha actividade gandeira máis pero precisa da rehabilitación ou nova construción destas particulares estruturas.

En Allariz hai ata 13 pombais en pé con formas e tamaños moi diferentes. Agárdase que boa parte deles se poidan rehabilitar e dedicar á cría do pichón para que sexan de utilidade.

As pombas son as únicas aves que, pola súa conduta poden ser criadas neste tipo de construcións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade