Publicador de contidos

Publicador de contidos

Repítense as colas nas estacións de servizo ante o desconto de 20 céntimos

Repítense as colas nas estacións de servizo ante o desconto de 20 céntimos

Algunhas gasolineras pecharon ao non poder asumir o adianto dos descontos

G24.gal 02/04/2022 20:52

No segundo día de desconto de vinte céntimos no prezo do litro de combustible volveron as longas ringleiras de vehículos ás gasolineiras galegas. Foron moitos os que apuraron os depósitos ata o último momento e iso ocasionou colas que mesmo saían das estacións.

Houbo tamén incidentes nalgún establecemento no que non funcionaba o sistema de pagamento. O sector pídelles aos seus clientes desculpas, paciencia e compresión porque deben adaptar os equipos informáticos a unha realidade nova e precisan tempo. 

Algunha gasolineira permanece pechada, ante a imposibilidade de asumir os gastos derivados da medida. Para que volvan abrir e para evitar máis peches, o presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo, Julio López, pediu celeridade na devolución dos adiantos dos descontos. 

O colectivo solicitou unha xuntanza co delegado do Goberno para explicarlle a situación na que se atopa o sector. O 50% das gasolineiras galegas son micropemes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade