Rescatan en augas canarias máis de 450 migrantes en oito embarcacións
Nalgunha delas viaxaban mulleres embarazadas, varios menores e dous bebés
O fluxo de migrantes que chegan ás Canarias continúa. O primeiro dos rescates tivo lugar onte á noite a unhas 50 millas de Lanzarote. Na barca viaxaban 48 persoas de orixe magrebí.
Xa de madrugada unha embarcación de tipo pneumática foi avistada a 9 millas de Lanzarote con outras 48 persoas de orixe subsahariana. Nela viaxaba un menor.
"Estamos saturados, xa máis de 300 persoas, e mais a embarcación que acaba de chegar. Agora mesmo estamos a facer todas as xestións posibles coa Policía Nacional para as derivacións. Estamos esperando que nos autoricen cinco embarcacións e con Salvamento Marítimo para todo o que se poida derivar a Porto Rosario, vano intentar", di Enrique Espinosa, xerente do Consorcio de Seguridade e Emerxencias de Lanzarote.
Salvamento Marítimo chegou a rescatar desde onte oito embarcacións, con máis de 450 persoas a bordo. Nalgunha delas viaxaban mulleres embarazadas, varios menores e dous bebés.
O reconto das últimas horas complétase co rescate de dúas barcas en augas de Gran Canaria, unha con 84 persoas a bordo e outra con 82.
Das oito embarcacións, tres foron trasladadas a Fuerteventura, dúas a El Hierro e a Tenerife e unha a Lanzarote.
