Cargando resultados...
Restablecida a circulación ferroviaria entre Ortigueira e Viveiro
Quedara cortada na mañá do sábado ao caer sobre a vía terra e árbores

G24.gal
03/03/2024 13:26
A circulación ferroviaria entre Ortigueira e Viveiro restableceuse tras o corte producido na mañá de sábado ao desprenderse terra e árbores sobre a vía.
Segundo informou Renfe, estableceron un plan alternativo de transporte por estrada entre ambas as dúas estacións. A incidencia afectou os trens de media distancia que realizaban o percorrido Ferrol-Oviedo-Xixón.