Cargando resultados...
Salvamento rescata catro balsas con 200 migrantes ao nordés de Lanzarote
Detectouse na zona unha quinta embarcación precaria

G24.gal
08/06/2024 16:51
Última actualización 08/06/2024 18:39
Salvamento Marítimo rescatou preto de 200 persoas de orixe magrebí ao nordés de Lanzarote dende a madrugada deste sábado. Viaxaban en catro embarcacións precarias. Segundo informan fontes do organismo estatal, na zona detectouse unha quinta balsa.
A salvamar Al Nair rescatou o último grupo, dunhas trinta persoas, cando se dirixía cara ao porto de Arrecife con 53 home e unha muller auxiliados pouco antes, a 74 quilómetros da costa.
A primeira hora, Salvamento Marítimo rescatara outras 111 persoas noutras dúas embarcacións. O pesqueiro Betania foi o que deu a voz de alarma. Ata o lugar tamén se dirixe a patrulleira gardamar Concepción Arenal.
