Publicador de contidos

Publicador de contidos

San Xoán de Río quere convertese en capital rural europea

San Xoán de Río quere convertese en capital rural europea

Unha representación dos seus veciños viaxaron a Bruxelas para expoñer ante as institucións europeas o problema de despoboamento que padecen

Propoñen ser un laboratorio de probas para buscar solucións ao envellecemento e a perda de poboación que ameaza Europa

G24.gal 29/11/2022 21:25

Nas últimas catro décadas San Xoán de Río perdeu o 80 % da súa poboación, pasando de 3.000 veciños a só 500. A media de idade sobe dos 63 anos, vinte por riba da media europea, xa moi alta.

O despoboamento e o envellecemento poboacional fan deste concello da montaña de Ourense un lugar idóneo, di o seu alcalde, para probar medidas que permitan por freo a unha problemática que, en breve, afectará boa parte de Europa.

Unha representación de veciños visitou as institucións europeas para facer visible esta situación do rural e en xaneiro do ano que vén volverán para presentar o seu proxecto co que optan a converterse en capital rural europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade