Cargando resultados...
Sanidade fai unha recuperación para a vacina da gripe e da COVID-19
Realizará chamadas directas ás persoas maiores de 80 anos que aínda non se vacinaron

G24.gal
08/11/2023 20:45
Última actualización 08/11/2023 20:51
Sanidade vai chamar por teléfono todos os maiores de 80 anos que aínda non se vacinaron da gripe ou da COVID-19.
Daralles unha cita para inmunizárense contra estas enfermidades nos seus centros de saúde de referencia. A Consellería de Sanidade adopta esta medida tras detectar que aínda son moitos os maiores de 80 que non se vacinaron nesta campaña.
Por este motivo a partir desta semana o Sergas inicia esta campaña de recuperación.