Cargando resultados...
Sete afectados por un gromo da covid no Hospital Provincial de Pontevedra
Os afectados son cinco facultativos e dous pacientes ingresados en Medicina Interna
O Sergas investiga a orixe do gromo, pero pensa que se trata dun feito multifactorial

G24.gal
09/12/2021 17:52
Hai sete persoas afectadas por un gromo da covid-19 rexistrado no Hospital Provincial de Pontevedra.
Os afectados son cinco facultativos e dous pacientes que estaban ingresados na área de Medicina Interna deste centro hospitalario.
O Servizo Galego de Saúde xa está investigando a orixe destes contaxios, aínda que pensan que se trata dun gromo multifactorial, ao non estar asociado a unha única circunstancia.
Unha das hipóteses principais que están rastrexando é que o virus puido chegar ao interior do hospital a través das visitas que recibiron os pacientes.