Cargando resultados...
Ucraína gaña Eurovisión e Chanel acada o terceiro posto
O británico Sam Ryder quedou en segundo lugar

G24.gal
15/05/2022 01:26
Última actualización 15/05/2022 08:25
Kalush Orchestra coa canción "Stefania" deulle a vitoria a Ucraína no festival de Eurovisión 2022. Impúxose grazas ao televoto dos espectadores.
Chanel conseguiu o terceiro posto para España, con 459 puntos. É a mellor posición dende 1984. En segundo lugar quedou o británico Sam Ryder, con 466 puntos.
Este ano participaron 25 grupos e cantantes. O festival abríao a representante da República Checa e pechaba as actuacións Estonia.
Esta é a terceira vez que Ucraína vence en Eurovisión dende o seu debut en 2003.