Cargando resultados...
Carreira de orientación na Coruña co gallo do día das Forzas Armadas
Un cento de menores participaron na proba
G24.gal
03/06/2023 14:27
Última actualización 03/06/2023 16:34
Máis dun cento de menores tomaron a saída na carreira de orientación que tivo como escenario o parque de Bens da Coruña.
Armados cos seus mapas, enfrontáronse a un percorrido de 1.500 metros salpicado de obstáculos e de retos. Algunhas nais e pais sumáronse á proba, porque tamén se trataba diso, de pasar un bo anaco en familia facendo algo de deporte ao aire libre.
A carreira forma parte do programa de actos e actividades organizados na cidade co gallo do Día das Forzas Armadas.