Cargando resultados...
Un home de 61 anos falece nun accidente de tráfico na Pobra do Brollón, Lugo
No quilómetro 1 da estrada que une Lama de Lor e O Castro
Accidente
G24.gal
08/11/2023 17:29
Última actualización 08/11/2023 19:36
O condutor do vehículo faleceu no accidente ao saír da vía e precipitarse por unha pendente. Era un home de 61 anos, residente en Quiroga (Lugo). Viaxaba só no coche.
Segundo informan os servizos de emerxencias, o tráxico suceso produciuse esta tarde ás 16:36. Ao lugar do accidente desprazáronse a Garda Civil, os bombeiros de Monforte e o GES de Quiroga.