Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un libreiro lugués descobre e restaura unha primeira edición de 'Cantares Gallegos'

Un libreiro lugués descobre e restaura unha primeira edición de 'Cantares Gallegos'

A obra estará exposta ata finais de mes

G24.gal 17/05/2023 19:59 Última actualización 17/05/2023 20:16

Apareceu en Lugo unha das primeiras edicións de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. A obra da poeta galega foi atopada por un libreiro mesturada entre outros libros nunha biblioteca particular. 

Hai xente que ten paixón pola súa profesión. José Manuel vende libros pero tamén é un namorado deles. Ama a literatura galega e admirador absoluto de Rosalía. Sempre na procura de libros con historia mercou o contido dunha biblioteca particular e mentres clasificaba os tomos topou unha xoia. 

"Cando o merquei non o sabía. Púxenme a mirar e pensei: isto pode ser unha primeira edición", cóntanos José Manuel Valín. 

Sen tapas e envolto nun papel a modo de forro que poñía poesías de Rosalía, efectivamente estaba unha primeira edición de Cantares Gallegos. Faltaban só algunhas follas do glosario 
Unha vez restaurado, que mellor día que o 17 de maio para presentar o exemplar e expoñelo ao público. 

O libro incorpórase á colección de José Manuel que atesoura valiosas edicións das obras do rexurdimento galego.  

"Todo o mundo pregunta canto vale o libro. Vale cartos pero iso non é o que importa. O realmente importante é a literatura que contén e que é unha primeira edición, parte da nosa historia", di José Manuel.

A obra estará exposta ao público que queira admirala e mesmo tocala ata finais deste mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos