Cargando resultados...
Un mural súmase aos actos conmemorativos dos cen anos da Confraría de Pescadores de Burela
Decora a fachada con elementos mariños e serve de homenaxe aos traballadores do mar
Un libro e un documental acreditan a importancia do pósito na vida da localidade
G24.gal
26/10/2024 21:31
A Confraría de Burela estrea fachada, agora decorada cun mural inspirado no mundo mariño. É un dos actos conmemorativos deste evento, xunto coa presentación dun libro e a mostra dun documental. Todos teñen en común a importancia do mar no nacemento da vila.
É un paso máis na celebración dos cen anos da confraría burelá que ao mesmo tempo supón unha homenaxe aos traballadores do mar.