Un xardín terapéutico para os nenos ingresados no hospital Materno Infantil da Coruña
Enmárcanse dentro da Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria que o Goberno galego tamén vai impulsar noutros hospitais
Dende a decoración dunha sala... ata o sorriso dun médico, son moitos os factores que inflúen en que a estadía dunha persoa nun hospital sexa o máis satisfactoria posible. E sobre todo cando os pacientes son nenos e adolescentes para os que unha experiencia hospitalaria pode ter un forte impacto.
Pensando nisto, o Materno infantil da Coruña acaba de incorporar novos espazos para avanzar nese obxectivo de "humanización". O primeiro que chama a atención son as súas cores intensas, sobre todo porque contrastan co gris do edificio, ata o punto de chegar a esquecer que estamos nun hospital. Era o obxectivo do xardín terapéutico.
Estes espazos teñen un labor terapéutico, pero ás veces tamén axudan a entrar na personalidade dos nenos, moito máis complexa que as reaccións dos adultos.
Isto enmárcase dentro da Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria que o Goberno galego tamén vai impulsar noutros hospitais da comunidade.