Cargando resultados...
Unha avaría nun tren Alvia interrompeu dúas horas o servizo entre Galicia e Madrid
A demora afectou máis de medio milleiro de usuarios

G24.gal
31/03/2022 18:24
Unha avaría nun Alvia no intercambiador de Taboadela mantivo interrompida a comunicación ferroviaria máis de dúas horas entre Galicia e Madrid.
Todos os Alvia que tiñan que pasar polo cambiador sufriron atrasos, dous quedaron bloqueados na estación de Ourense e outro, que viña de Madrid, en Taboadela.
Os máis de medio milleiro de viaxeiros afectados víronse obrigados a rematar a súa viaxe en autobús.