Cargando resultados...
Unha guía para non perderse en plena temporada dos furanchos
Os tradicionais establecementos do rural abren tres meses para vender o excedente da colleita de viño
A Guía Furanchín recolle os datos do menú, tipo de viño e localización de centos de loureiros por todo o país
G24.gal
14/05/2022 15:35
Estamos xa en plena temporada de furanchos e de loureiros. Só poden abrir tres meses, de decembro a xuño, pero son moitos os que concentran a actividade neste tempo de primavera.
Se queren coñecelos, un grupo de amigos decidiu elaborar unha guía en Internet que recolle boa parte destes lugares tan enxebres.