Cargando resultados...
Unha muller dá a luz nunha gasolineira de Toledo
Pouco despois, chegou unha ambulancia e un helicóptero que os trasladou ao hospital

G24.gal
19/04/2023 08:43
As présas por nacer fixéronlles pasar un bo apuro aos seus pais. Erik é un bebé que non esperou a chegar ao hospital e naceu no coche familiar e nunha gasolineira de Toledo. Onde puido aparcar o pai ante o inminente parto. Aí auxiliounos unha enfermeira que estaba no restaurante da estación de servizo.
Pouco despois, chegou unha ambulancia e un helicóptero que os trasladou ao hospital. Nai e fillo están perfectamente. O pai e o outro fillo da parella foron testemuñas deste parto de urxencia.