Unha tenda de Sarria leva 20 anos detectando as necesidades dos peregrinos
Localizan as marcas e produtos máis necesarios para facer a ruta
As pezas para a chuvia e as cunchas son o máis vendido
45.000 cunchas de vieira venderon o pasado ano dende esta tenda de Sarria ou 10.000 pulseiras do Camiño.
E iso só como recordos, xa que as meirandes vendas son de calzado, calcetíns, pomadas e todo o que resulta de utilidade para que facer a ruta xacobea sexa o máis cómoda posible.
A clave do éxito para poder competir coas grandes superficies e plataformas de Internet está en saber detectar os produtos e as marcas que máis utilizan os peregrinos.
A tenda tamén se ve beneficiada polos cambios na tendencia dos peregrinos.
Hoxe o 60 % dos que fan o camiño francés comezan a súa andaina dende Sarria, cando hai 20 anos eran só o 14 %. Algo que favorece o establecemento xa que os romeiros adquiren aquí todo o que esqueceron meter na maleta.
Esta primavera tan chuviosa tamén está disparando a venda dos tradicionais ponchos para se protexer da auga.
O produto que baixa vendas son as mochilas porque moitos peregrinos contratan transporte de equipaxe, que evita que se perda ou se deteriore.