Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha trintena de encontros con autores na Feira do Libro de Ferrol

Unha trintena de encontros con autores na Feira do Libro de Ferrol

G24.gal 23/04/2023 17:13

O 23 de abril, é o Día do Libro, unha data que en Ferrol podemos celebrar achegándonos a unha das casetas da súa Feira do Libro, a primeira este ano do circuíto organizado pola Federación de Librarías de Galicia.

Aínda están a tempo ao longo da xornada de hoxe de visitala e mercar un libro, ou asistir a algunhas das presentacións a cargo dos autores ou á firma de exemplares. 

Por aquí pasaron nestes tres días máis dunha trintena de autores, algúns farano ata a clausura do certame este serán. O sector ten moitas esperanzas postas nesta feira, tras os bos datos de anteriores edicións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade