Cargando resultados...
Vén de camiño un segundo buque con carbón para As Pontes
Trae 80.000 toneladas do mineral
G24.gal
14/11/2021 14:20
Endesa espera un segundo buque de carbón para a central térmica das Pontes. A carga, 80.000 toneladas de mineral, está de camiño ao porto exterior de Ferrol no Bahri Trader, un barco con bandeira de Arabia Saudita.
O 28 de outubro outro buque trouxéralle 20.000 toneladas, ás que hai que engadir as 40.000 que xa tiña almacenadas.
Fontes de Endesa indicaron que o complexo está preparado para entrar en servizo cando así se dispoña.