Cargando resultados...
Centos de persoas participan na andaina solidaria "Lugo en Marcha contra o cancro"
O principal obxectivo é recadar fondos para a investigación da doenza
G24.gal
04/05/2024 21:10
Última actualización 04/05/2024 22:19
Varios centos de persoas participaron este sábado pola tarde na quinta edición da andaina solidaria Lugo en marcha contra o cancro.
Entre outros motivos, queren recadar fondos para a investigación dunha enfermidade que é unha das causas principais de morte no mundo.
A andaina consegue igualar e crear irmandade. Axiña o adarve da muralla énchese de camisetas rechamantes que traen esperanza. Participa xente de calquera idade e de diferentes condicións físicas.
Unha hora máis tarde de que arrancara a andaina comeza tamén unha carreira solidaria con diferentes distancias e categorías.
