Vigo celebra o primeiro mundial de pelar e comer lagostinos en parella
No primeiro mundial de comer marisco por parellas que se celebrou este serán no Centro Comercial Travesía da cidade olívica, por cada langostino pelado e comido o Grupo Nova Pescanova entrega un quilo de peixe ao Banco de Alimentos de Vigo.
O primeiro mundial de comer langostinos por parellas é unha iniciativa solidaria impulsada pola área comercial viguesa de Travesía e o Grupo Nova Pescanova. O fin é benéfico, en favor do Banco de Alimentos da cidade.
"O compromiso de Pescanova é xa unha doazón mínima de mil quilos de pescado. Por cada langostino pelado e comido Pescanova doará un quilo de peixe ao Banco de Alimentos de Vigo", conta Angélica Falagan, a xerente do centro comercial Travesía.
"Pareceunos unha iniciativa moi divertida, cun gran fin solidario, que é recadar alimentos, que nesta situación que vivimos penso que é unha iniciativa xenial, e que moitas máis persoas o terían que facer. Que mellor que doar alimentos nesta situación que estamos a vivir", explica María Rodríguez, xefa de Produto de Langostinos e Cefalópodos de Pescanova.
Os concursantes que participan na semifinal deste Mundial amosan que se algo fai ben un galego é pelar e comer marisco. Fano non por comer de balde senón para que outros máis desfavorecidos poidan comer peixe e marisco.
O vindeiro sábado celebrarase a final deste torneo de come langostinos. O Banco de Alimentos mira o Rodolfímetro, xa saben por cada bicho comido un quilo de peixe doado.