Cargando resultados...
Vigo é a cidade española onde máis choveu en 2024
En 2024 Aemet rexistrou máis de 2.000 litros recollidos na estación de Peinador
G24.gal
21/01/2025 14:15
Os residentes en Vigo non acaban de crer que a súa é a cidade de España onde máis choveu en 2024. Na mente teñen outras cidades como Santiago ou A Coruña.
Aínda así recoñecen que o pasado foi un ano moi húmido e que Vigo é moitas veces a cidade onde máis auga se recolle aínda que non sexa a que máis días de chuvia rexistra.
No resumo anual de Aemet, a Cidade Olívica figura como a urbe con máis precipitacións porque na estación de Peinador recolléronse máis de dous mil litros.
O dato ten trampa, porque a zona do aeroporto recolle moita máis auga que no centro da cidade, que en 2024 non chegou aos 1.500 litros.