Cargando resultados...
Vilar de Donas abre para os turistas
A igrexa románica poderase visitar de mércores a domingo
G24.gal
17/06/2022 20:57
Última actualización 17/06/2022 21:32
A igrexa románica de Vilar de Donas, en Palas de Rei, atrae numerosos turistas nas súas primeiras visitas guiadas.
Eles son dos primeiros turistas que poden visitar a igrexa tras máis de dous anos pechada.
Con 93 anos, Jesús, un veciño do lugar, ten devoción por este templo. El amosáballo voluntariamente a calquera que o visitase.
Agora a diocese acaba de contratar a Ana para coidar e amosar o templo. Fai un bo equipo con Jesús.
Durante o verán, os únicos días que pechará son os luns e os martes.