Cargando resultados...
Retiran exemplares de unlla de gato na contorna da Torre de Hércules
Esta planta invasora de orixe surafricana modifica o chan e altera as comunidades de microorganismos
G24.gal
24/09/2023 09:26
Última actualización 24/09/2023 09:47
As plantas invasoras transforman a paisaxe, desprazan a poboación autóctona e privan moitos animais de alimentos. Na Coruña, a contorna da Torre de Hércules é un dos espazos ameazados por unha destas especies.
Falamos da coñecida como unlla de gato, unha planta de orixe surafricana que alá onde se instala modifica o chan, alterando as comunidades de microorganismos.
Voluntariado de Afundación retirou na fin de semana exemplares desta planta invasora, que avanza nunha zona declarada Espazo Natural de Interese Local. A iniciativa enmárcase dentro da campaña "Traballando pola mellora do patrimonio natural".
