Cargando resultados...
Xa se poden pedir permisos de queima
A solicitude pode realizarse a través de Internet ou no 012 os días laborables

G24.gal
02/05/2024 13:33
Última actualización 02/05/2024 13:38
Dende hoxe xa se poden facer as solicitudes para as queimas agrícolas. Como é preciso pedir o permiso con dous días de antelación, as queimas poderán realizarse a partir deste sábado.
A solicitude pode realizarse a través de Internet ou por teléfono no 012 os días laborables. As autorizacións deixan de ter validez os días de vento e altas temperaturas polo risco de incendios.