Cargando resultados...
Xa se poden solicitar as axudas do programa Respiro Familiar para os coidadores
Para estancias en residencias, asistencia a centros de día ou contratar coidadores
G24.gal
24/04/2024 17:47
Xa se poden solicitar as axudas do programa Respiro Familiar da Consellería de Política Social. Van destinadas a aliviar os coidadores non profesionais que teñen ao seu cargo persoas dependentes.
Durante a visita a un centro de día de Ames, a conselleira Fabiola García salientou a importancia de "coidar de quen coida". E lembrou que Galicia é líder a nivel nacional no servizo de axuda no fogar.
O presuposto deste ano para esta iniciativa é de case 900.000 euros.