Xoán Carlos I abandona Galicia tras pasar cinco días en Sanxenxo
Participou esta fin de semana na regata do Trofeo Turismo de Galicia a bordo do Bribón, que se fixo co ouro

Xoán Carlos I abandonou este domingo Sanxenxo tras pasar cinco días e facerse co ouro na regata do Trofeo Turismo de Galicia, a cuarta serie da clase seis metros.
Nesta xornada, o rei emérito non saíu a navegar co resto da tripulación a bordo do Bribón, pero pola tarde acudiu ao Real Club Náutico de Sanxenxo para recoller o primeiro premio da regata.
Desde que o mércores chegou a Galicia, nun voo procedente de Vitoria, o pai de Filipe VI saíu dous días a navegar e recibiu, como xa é habitual, a visita dun familiar, esta vez, da súa sobriña Simoneta-Gómez Acevo.
Esta xa é a cuarta visita que fai a Galicia no que vai de ano, co obxectivo de participar en todas as regatas que se disputan na localidade. A vindeira cita está prevista para o 12, 13 e 14 de xullo.
