Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e concellos de Pontevedra acordan crear un ente para regular o abastecemento de auga

Xunta e concellos de Pontevedra acordan crear un ente para regular o abastecemento de auga

Os concellos comprometéronse a aprobar a súa creación en outubro

G24.gal 28/07/2023 15:49

A Xunta e os concellos da área de Pontevedra acordaron impulsar a creación dun ente supramunicipal para a xestión do abastecemento de auga en cogobernanza co obxectivo de que estea constituída en outubro para regularizar a captación.

Con ese propósito de liquidar unha "situación alegal", a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse este venres co delegado territorial da Xunta, a directora de Augas de Galicia, o director técnico de Acuaes e os alcaldes de Marín, Poio, Bueu, Sanxenxo, Vilaboa e Ponte Caldelas, ademais de representantes do Concello de Pontevedra.

A conselleira cualificou a reunión de “positiva, construtiva e efectiva” e explicou que os concellos se comprometeron a aprobar, como moi tarde, en outubro, nos seus plenos municipais, o acordo para a creación do ente.

O sistema de abastecemento da área de Pontevedra capta auga dos ríos Lérez e Rons e dá servizo ás poboacións de Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín e Bueu, ademais da un polígono industrial de Ponte Caldelas e tamén Vilaboa está pendente de recibir auga do sistema para unha parte da súa poboación, xa que participou na renovación das infraestruturas de abastecemento de auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade