Contido con Temática Enerxía .

Contido con Temática Enerxía .

Enerxía

Visita da conselleira de Industria, María Xesús Lorenzana, a Naturgy

Lorenzana destaca o papel de Galicia no desenvolvemento das renovables na súa visita a Naturgy

24/01/2025 20:38

A compañía supervisa desde A Coruña 93 parques eólicos, 24 plantas fotovoltaicas e cinco de coxeneración



Instalacións da empresa en Redondela

Unha empresa galega instalará o primeiro parque flotante de enerxía mareomotriz do mundo

14/01/2025 14:52

Renovables Magallanes gañou unha poxa enerxética no Reino Unido e instalará a súa tecnoloxía nas costas de Gales e de Escocia


Piden autorización para o primeiro proxecto eólico en Galicia coa nova lei de recursos naturais

09/01/2025 14:02

Comprométese a ceder o 2,5 % das ganancias aos concellos galegos que ocupe


Imaxe de arquivo dunha gasolineira/EP

A gasolina segue subindo tras a fin do Nadal e toca máximos desde o verán

09/01/2025 13:16

En concreto, o prezo medio do litro de diésel subiu un 0,83 % con respecto á pasada semana, para escalar ata os 1,454 euros. É o seu nivel máis alto dende mediados de agosto.


A gasolina sobe en Nadal a 1,525 euros e o gasóleo encarece a 1,442 euros

02/01/2025 15:34

Este final de 2024 trae uns carburantes máis caros que hai catro anos, xusto antes do inicio da pandemia

No Nadal do 2019 o prezo da gasolina era de 1,303 euros por litro de media e o do gasóleo, de 1,221 euros


Instalacións gasísticas rusas na rexión de Kursk (Reuters/Sergei Karpukhin)

Ucraína corta a subministración de gas natural ruso a través do seu territorio

01/01/2025 08:50

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, xa advertira que o seu país non permitiría que Moscova "gañe miles de millóns adicionais" mentres prosegue a súa agresión contra Ucraína


Reuters

Ucraína pecha o paso ao gas ruso tras case tres anos de guerra

31/12/2024 11:30

O consorcio ruso Gazprom exporta gas a Austria, Hungría, Eslovaquia e Moldavia por uns 700 millóns de dólares anuais


A central de Meirama estivo en actividade ininterrompida 40 anos

O Goberno lanza o concurso de transición xusta de Meirama

26/12/2024 12:00

O Ministerio de Transición Ecolóxica ofrecerá 408 megawatts de capacidade de acceso a instalacións situadas nos concellos de Carral, Cerceda, A Laracha, Ordes e Tordoia


Galicia aspira a converterse nun referente na produción de metanol verde na ría de Ferrol

03/12/2024 13:56

Co proxecto Triskelion calculan que se poden reducir as emisións de CO2 en máis de corenta mil toneladas ao ano


Ourense, dende onde Naturgy controla todas as centrais e presas de España

28/11/2024 12:09

Controlan as 24 horas dos 365 días do ano que estean operativas e en perfecto estado

A metade da enerxía hidráulica que produce a empresa no país procede desta provincia


Chris Wrigh nunha imaxe de arquivo. REUTERS

Donald Trump elixe o dono dunha petroleira como secretario de Enerxía

17/11/2024 08:32

Chris Wright, doante republicano, defende os combustibles fósiles e critica a transición cara ás enerxías limpas


A Xunta e o sector eólico urxen resolver a parálise pola suspensión de proxectos

08/11/2024 14:46

70 parques están paralizados cautelarmente polo TSXG e cen máis, recorridos


Arquivo / Europa Press /Carlos Castro

As eólicas deberán vender "polo menos" o 50 % da enerxía producida ás empresas galegas

05/11/2024 08:00

O obxectivo, segundo Lorenzana, é facilitar o acceso a estes contratos ás pemes galegas evitando flutuacións de prezo  

A conselleira de Industria comparece a petición propia no pleno do Parlamento para informar sobre as liñas xerais do seu departamento


A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, no 'Bos días' da TVG

Lorenzana: "Obrigaremos as eólicas a investir e destinar parte dos beneficios á cidadanía galega"

31/10/2024 09:09

A conselleira de Industria sinala que coa repotenciación eólica "en oito anos reduciranse nun 80 % os aeroxeradores antigos en Galicia"

María Jesús Lorenzana explica que a "potencia vai ser a mesma", pero as empresas terán por lei que abaratar o prezo medio da enerxía 


Arquivo (Europa Press/Carlos Castro)

A repotenciación reducirá de 3.000 a 600 os aeroxeradores duns 100 parques eólicos

28/10/2024 12:47

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asegurou no Parlamento que esta redución se vai realizar nos próximos oito anos


Arquivo (Europa Press/Carlos Castro)

A Xunta defenderá ante a xustiza europea a tramitación dos proxectos eólicos

28/10/2024 11:00

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia presentou unha cuestión prexudicial ante Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre a legalidade das tramitacións ambientais

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, asegura que "traballamos sempre con rigor" e que todas as autorización se fixeron "con todas as garantías"

A repotenciación reducirá de 3.000 a 600 os aeroxeradores duns 100 parques eólicos


Os retos para a chegada da eólica mariña, a debate en Ferrol

24/10/2024 14:48

Máis de 400 expertos acoden ao congreso internacional GOinterHUB, que fai sete edicións

Galicia concentra o 43 % das zonas delimitadas polo Goberno para instalar parques eólicos mariños


Nova liña de axudas da Xunta para mellorar a eficiencia enerxética do sector turístico

21/10/2024 21:53

Establecementos hoteleiros e restaurantes teñen ata o 14 de novembro para acollerse a estas subvencións 

Axudas por valor de dez millóns de euros dos fondos europeos Next Generation


A Xunta pon en marcha un novo plan sectorial eólico

19/10/2024 11:31

Os novos parques estarán situados preto dos polígonos industriais

Os obxectivos son reducir o impacto ambiental e aumentar a potencia eléctrica


O BNG insta o Goberno central a paralizar a instalación de eólica mariña en Galicia

16/10/2024 15:02

A líder da formación, Ana Pontón, solicita que se realicen informes técnicos de impacto ambiental e económico


Emilio Bruquetas: "A comercializadora rebaixará a factura da luz un 50 %"

06/10/2024 08:40

O conselleiro delegado de RDG, empresa que xestionará a comercializadora, asegura que estará operativa no primeiro trimestre de 2025

Salienta que Galicia ten moito potencial en enerxía eólica offshore e undimotriz e unha posición privilexiada en materiais como o litio


A tarifa do gas regulada individual sobe un 9,5 % a partir deste martes

30/09/2024 10:47

A tarifa regulada veciñal increméntase entre un 14,7 % e un 19,3 %



A instalación e explotación de polígonos de eólica mariña adxudicarase por concursos

24/09/2024 13:45

O Consello de Ministros aprobou este martes o decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables situadas no mar

O Goberno aproba o novo plan climático, que reduce as emisións de gases e aposta polas renovables


Complexo de Enerxías Renovables Ecoener en Gran Canaria (Europa Press)

O Goberno aproba o novo plan climático, que reduce as emisións de gases e aposta polas renovables

24/09/2024 08:35

O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima prevé a diminución nun 32 % das emisións de gases de efecto invernadoiro e o uso dun 48 % das enerxías renovables

O Goberno calcula que en 2030 serán 5,5 millóns os vehículos eléctricos en circulación e que só queden 3 centrais nucleares por pechar

A actualización do PNIEC será enviada a Bruxelas tras ser aprobado este martes polo Consello de Ministros

O Goberno sobe tres décimas, ao 2,7 %, a previsión de crecemento do PIB en 2024


A CNMC sanciona o Grupo Villar Mir cun millón de euros por manipular mercado do gas

23/09/2024 10:10

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia asegura que a operativa da comercializadora deste grupo estivo "ilexitimamente" orientada a elevar o prezo do mercado


A conselleira reuniuse cos representantes da Asociación Eólica de Galicia

Xunta e Asociación Eólica piden ao Goberno ir "da man" para "desbloquear" a parálise do sector

19/09/2024 19:24

Ánxeles Vázquez confía en que a decisión da xustiza europea de dar prioridade á cuestión prexudicial feita polo Tribunal Superior de Galicia, na que pon en dúbida a tramitación dos parques eólicos, sirva para poñer fin aos atrancos


O TSXG decreta a suspensión cautelar de 7 parques eólicos por posibles danos ambientais

16/09/2024 15:22

Faino "polo risco de que causen danos irreparables ao medio ambiente"

Pola contra, rexeitou a medida cautelar solicitada respecto a outros dous proxectos: Picato e Solpor

O alto tribunal galego emitiu xa 130 autos relativos a solicitudes de suspensión de autorizacións administrativas previas e de construción de 64 parques eólicos, dos cales 59 foron estimatorios


Vázquez di que Galicia quere cumprir cos obxectivos pero pide simplificación

A Xunta pide en Bruxelas "seguridade xurídica" para tramitar parques eólicos

11/09/2024 11:45

Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá con representantes xurídicos da Comisión Europea, aos que lles trasladou a súa preocupación pola parada eólica


O prezo da luz marca o seu máximo diario deste ano, con 120,37 euros/MWh

29/08/2024 14:48

Agosto será o mes co prezo da electricidade máis alto neste 2024


Europapress

Agosto, un mes co prezo dos carburantes á baixa pero coa luz en máximos

22/08/2024 10:01

A gasolina alcanza o seu prezo máis baixo desde febreiro, mentres que o gasóleo anota a súa quinta semana consecutiva de abaratamento

A media do prezo da luz en agosto é de 89,14 euros/MWh, que o converterían no mes co prezo almacenista da electricidade máis caro neste 2024


A Xunta pídelle ao Goberno que interveña ante a suspensión xudicial de ducias de parques eólicos en Galicia

14/08/2024 12:13

A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, remitiu unha carta á ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para solicitar unha reunión en que adoptar medidas para "acabar con estas paralizacións que lastran o sector eólico"


A gasolina cae a 1,60 euros, o seu prezo máis baixo desde febreiro

08/08/2024 10:09

O gasóleo, pola súa banda, custou 1,473 euros por litro, un 0,7 % menos

Etiquetas:  COMBUSTIBLE

O Supremo resolve a favor da eólica mariña

16/07/2024 15:02

O Alto Tribunal avala a ordenación do espazo marítimo ao tombar o recurso do sector da pesca


Imaxe de arquivo (EFE/Daniel González)

A CNMC inicia expedente sancionador contra o Grupo Endesa por posibles prácticas anticompetitivas

10/07/2024 09:33

Cre que puido dar un trato "discriminatorio e preferente" á resolución de solicitudes, reclamacións e incidencias das súas propias filiais en detrimento de terceiras empresas competidoras


O Goberno adxudica 7 millóns a cinco proxectos de transición xusta nas Pontes, Cerceda e Ferrol

01/07/2024 16:36

As empresas beneficiadas por estas axudas crearán 96 postos de traballo, que deberán manter durante polo menos tres anos


A luz marca en xuño o segundo prezo máis alto do ano e provoca que o IVE baixe ao 10 %

29/06/2024 13:08

O MWh rozou de media os 56 euros, un 74 % máis ca en maio


Europa Press

Os carburantes encarecen por primeira vez en dous meses ás portas da operación saída de verán

27/06/2024 11:28

O prezo medio do litro de diésel situáse nos 1,47 euros e o de gasolina elévase ata os 1,616 euros


Luis Miguel Varela: "O consenso político axudaría moito ao impulso de proxectos renovables en Galicia"

19/06/2024 10:48

O presidente do Foro Fieito considera "preocupante" que distintos parques eólicos non se desenvolvan "á velocidade que nos gustaría"

Opina que "a cidadanía empeza a ver con moita preocupación que haxa tantas paralizacións" e pensa que a interpretación da norma "pode ser excesiva"

Di que o desenvolvemento de novos proxectos industriais "é totalmente compatible co medio ambiente, coa saúde humana, co patrimonio cultural e histórico, e coas actividades tradicionais"

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 218 resultados.