Contido coa etiqueta .
Abau

Este é o calendario en Galicia da PAU, a nova selectividade
25/11/2024 20:21
A Proba de Acceso á Universidade celebrarase entre o martes 3 e o xoves 5 de xuño en case toda España
O exame de Lingua Galega será o último día, malia que o habitual era que nesa xornada só houbese exames de materias optativas

O Goberno insta as CC. AA. a que publiquen os modelos da PAU antes do 26 deste mes
14/10/2024 13:10
Os ministerios de Educación e Universidades pídenlles ás consellerías que o vindeiro curso os modelos de exame estean xa publicados en setembro

O estudantado de Secundaria, Bacharelato e FP, en folga contra a PAU
11/10/2024 08:40
O Sindicato de Estudantes organizou concentracións de protesta na Coruña, Ferrol e Ourense
Alegan que, a estas alturas, o alumnado de 2.º de Bacharelato aínda non sabe como serán as Probas de Acceso á Universidade

As comunidades gobernadas polo PP acordan celebrar as PAU os días 3, 4 e 5 de xuño
10/10/2024 08:25
A convocatoria extraordinaria terá lugar do 1 ao 3 de xullo
O Partido Popular pretende unificar as datas, contidos e criterios de avaliación das Probas de Acceso á Universidade

Arrinca con normalidade xeral a ABAU extraordinaria en Galicia
02/07/2024 18:35
O exame de Lingua Galega propón preguntas sobre o uso do idioma no fútbol, un texto sobre o turismo rural e fragmentos de obras de Castelao e Uxío Novoneyra

Máis de 2.800 estudantes enfróntanse desde este martes á ABAU extraordinaria en Galicia
01/07/2024 16:54
Os aprobados nesta convocatoria poderán preinscribirse nos graos do 17 ao 22 de xullo e matricularse a partir da cuarta listaxe de admitidos

As comunidades do PP asinan un acordo para facer unha ABAU común entre elas
01/07/2024 16:05
O conselleiro de Educación cre que a proba será "máis xusta"

Román Rodríguez: "Temos que preservar a cultura do esforzo e non xestionar un todo gratis"
25/06/2024 10:12
O conselleiro de Educación defende os criterios que permitirán que o alumnado universitario e de ensinanzas artísticas estude de balde a partir de setembro
Rodríguez pídelle ao Goberno que fixe uns criterios comúns e homoxéneos na nova PAU: "Estamos perpetuando a desigualdade das persoas e iso é un erro"

Os alumnos coas mellores notas da ABAU reciben o recoñecemento das autoridades educativas
21/06/2024 14:37
Dos 1.086 que sacaron máis dun 9 de nota, o 66 % son mulleres

A nova proba de acceso á universidade valorará as capacidades de razoamento do alumnado
15/06/2024 13:53
A PAU deixará atrás un modelo baseado principalmente na memorización
Nos exames valorarase o pensamento crítico, a corrección gramatical, léxica e ortográfica dos textos elaborados polos estudantes
A nova proba estrearase no ano 2025

Os estudantes que aprobaron a ABAU botan contas para saber se chegan á nota de corte
14/06/2024 17:20
As notas de corte máis altas do ano pasado foron os dobres graos de Matemáticas e Física, Enxeñería Informática e Matemáticas, seguidos por Medicina, todas elas na USC
O prazo para realizar as preinscricións abre o 19 de xuño
O 96 % dos alumnos presentados superaron a ABAU: consulta a lista de aprobados

O 96 % dos alumnos presentados superaron a ABAU: consulta a lista de aprobados
13/06/2024 19:17
Ata o vindeiro 18 de xuño pódese solicitar unha revisión, e as notas definitivas sairán o día 20
A preinscrición na universidade comeza o 19 de xullo

A partir de 2025 a proba de acceso á universidade terá criterios comúns en toda España
11/06/2024 11:04
O Goberno aprobou no Consello de Ministros o decreto que regulará estes exames e unificará formatos e criterios de corrección
En Galicia cada alumno deberá realizar cinco exames (catro no caso das comunidades cunha soa lingua oficial) e poderá facer tres máis para poder subir a súa nota

A ABAU 2024 de Galicia chega á súa fin
06/06/2024 20:59
As notas publicaranse o vindeiro xoves día 13
O alumnado coas mellores puntuacións será recoñecido nun acto o venres 21 na Coruña

Os exames da ABAU chegan tamén ao rural para reducir desprazamentos
05/06/2024 14:31
No IES Cosme López da Rúa examínanse 127 estudantes do oriente ourensán
O ambiente é máis familiar, pero non exento de nervios

Uns 450 estudantes realizan a ABAU con adaptacións en Pontevedra
04/06/2024 14:57
Dezaseis deles afrontan un reto aínda maior pola súa discapacidade física ou intelectual e atopan apoio no centro de Recursos Educativos da ONCE

Nervios e repasos de última hora no primeiro día da ABAU
04/06/2024 11:46
As probas desenvólvense sen incidencias, segundo o conselleiro de Educación, que desexa "sorte" e "xustiza" aos aspirantes
A selectividade arrincou por primeira vez co exame de Lingua Galega e Literatura, con preguntas sobre os neofalantes e os prexuízos idiomáticos
Os resultados coñeceranse o xoves día 13
Uns 450 estudantes realizan a ABAU con adaptacións en Pontevedra

Os exames da ABAU permanecen custodiados e blindados ata o lugar das probas
03/06/2024 14:12
O proceso está blindado para evitar filtracións

Máis de 13.000 estudantes afrontan desde o martes en Galicia a última ABAU con modelo covid
02/06/2024 19:42
Arrincan as probas co exame de Lingua Galega e os alumnos coñecerán as cualificacións despois dunha semana, o xoves 13
A ABAU implica de xeito directo un milleiro de traballadores na organización
Os exames da ABAU permanecen custodiados e blindados ata o lugar das probas

Alumnos de segundo de bacharelato apuran a última semana preparando a ABAU
27/05/2024 21:11
Os exames serán o martes 4, mércores 5 e xoves 6 de xuño, en quenda de mañá e tarde, agás o último día, que será só de mañá
A primeira materia en examinarse será Lingua Galega e Literatura, unha novidade introducida este ano
Os institutos programan clases de reforzo, aínda que a maioría prefire repasar materia en bibliotecas e aulas de estudo

O Goberno descarta unha ABAU común para toda España, como pide o PP
07/05/2024 19:59
Os populares din que a farán nas comunidades en que gobernan

A Xunta cre que a nova ABAU é unha oportunidade perdida para homoxeneizar o exame
31/03/2024 12:38
O Goberno envioulles ás comunidades autónomas o borrador do proxecto de lei
A Xunta bota en falta unha guía sobre como vai ser a nova proba competencial

Presentación, coherencia e erros gramaticais suporán o 10 % da nota da ABAU 2025
17/03/2024 16:22
Será a primeira proba de acceso á universidade aliñada coa LOMLOE

26/01/2024 11:59
Avanza que o PP vai crear un grupo de traballo para detallar a proba unificada da EBAU, que afectaría as materias comúns nas distintas comunidades
Román Rodríguez destaca o esforzo da Xunta por estabilizar o persoal docente galego, o que repercute, afirma, na calidade do ensino

Feijóo comprométese a impulsar unha ABAU común nas comunidades onde goberna o PP
24/01/2024 15:37
O PP espera que a medida poida aplicarse a partir do próximo curso
Traballan en presentar unha proba común para toda España

A Xunta di que a proposta de ABAU agrava as desigualdades entre comunidades autónomas
05/11/2023 14:58
A Consellería de Educación presenta un conxunto de alegacións ao proxecto de orde ministerial da ABAU para este curso
Esixe ao Goberno central un marco común homologado que garanta a equidade para o estudantado no acceso á Universidade

A ABAU de 2024 celebrarase do 4 ao 6 de xuño
20/10/2023 16:37
A convocatoria extraordiaria será do 2 ao 4 de xullo

A ABAU terá o mesmo número de exames que antes e elixirase entre Historia e Filosofía
11/10/2023 18:32
A proba será similar á dos últimos anos e só hai modificacións mínimas para axustala á ordenación derivada da Lomloe

O Goberno mantén a actual ABAU este curso e atrasa a reforma a 2025
31/08/2023 10:52
O Ministerio de Educación e Formación Profesional trasladou esta decisión ás comunidades autónomas
Os servizos xurídicos non avalan que un Goberno en funcións poida aprobar a reforma

Educación informa este xoves as comunidades sobre a ABAU de 2024
30/08/2023 18:21
Os exames durarán 105 minutos e non se introduce a proba de madurez académica inicialmente prevista

A Xunta pide ao Goberno que a ABAU deste curso siga igual
28/08/2023 14:18
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades remite unha carta á ministra de Educación y FP para solicitar o adiamento da aplicación dos novos exames
Considera “inadmisible” que, dúas semanas antes do inicio de curso, o alumnado non saiba que tipo de probas vai ter que realizar en xuño nin como preparalas
Sinala que a situación política derivada do adianto electoral non pode ser unha escusa nin prexudicar aos estudantes, familias e o profesorado, que necesitan certezas

Pechan matrícula 71 graos en Galicia tras a primeira chamada
11/07/2023 16:50
Matemáticas e Física revalida como nota máis alta cun 13,614 sobre 14
Consulta aquí as notas de todos os graos das universidades galegas

Comezan as probas da convacotaria extraordinaria da ABAU para 2.750 alumnos galegos
11/07/2023 12:45
Son alumnas e alumnos que tiñan pendente algunha materia ou queren subir nota

Case o 95 % dos alumnos aprobaron a ABAU. Consulta aquí se pasaches os exames
15/06/2023 18:43
Case un 95 % dos presentados en Galicia pasaron os exames con éxito
Consulta aquí a nota exacta a partir das 20:00 horas deste xoves
Os estudantes poden solicitar a preinscrición nos graos universitarios dende o vindeiro xoves día 22

Sinalan colexios concertados e privados por inchar as notas do bacharelato
15/06/2023 13:08
Así se desprende do novo informe elaborado polo Observatorio de Sistema Universitario (OSU) que, a partir de datos oficiais, que comparou as notas de bacharelato dos alumnos españois coas conseguidas na fase xeral das probas de acceso á universidade

Expulsados da ABAU dous estudantes galegos por copiar
07/06/2023 14:58
Un deles levaba un reloxo intelixente; o outro, unha chuleta clásica
Terán que ir á convocatoria extraordinaria de xullo

Remata a primeira das tres xornadas da ABAU
06/06/2023 20:50
Os estudantes fixeron pola mañá os exames de materias obrigatorias e pola tarde das optativas

Empeza a ABAU: os estudantes estréanse con Historia de España e Lingua Castelá e Literatura
06/06/2023 10:52
Os exames de acceso á universidade dan inicio sen case modificacións respecto aos anos anteriores
As universidades recomendan que a avaliación por competencias na ABAU se implante progresivamente

As universidades recomendan que a avaliación por competencias na ABAU se implante progresivamente
06/06/2023 10:07
Nunha entrevista na Radio Galega, Iván Area, presidente da CiUG, a Comisión Interuniversitaria de Galicia, lembra que a porcentaxe de aprobados na ABAU é de máis do 90 por cento, pero que se precisan notas moi altas para acceder a algunhas titulacións
Iván Area asegura que os 17 distritos universitarios españois chegaron xa a consensos sobre como realizar os exames das materias comúns

Este martes empezan os exames da ABAU en Galicia
05/06/2023 20:16
Hai matriculados case 13.000 estudantes