Contido coa etiqueta .
Edmundo González

Maduro asegura estar preparado para "tomar as armas" se fose necesario
12/01/2025 08:18
O líder chavista avisou que Venezuela se prepara, xunto a Cuba e Nicaragua, para defender "o dereito á paz"e "á soberanía"

Edmundo González Urrutia: "Estou listo para o ingreso seguro en Venezuela"
11/01/2025 09:11
O opositor venezolano acusa a Nicolás Maduro de consumar un "golpe de Estado" e autocoroarse ditador
María Corina Machado alerta da detención de máis de 30 persoas por parte das "forzas represoras" de Maduro
O líder do chavismo xura ante o Parlamento do país sen entregar as actas dos comicios de xullo

Maduro blinda Venezuela para a súa investidura sen amosar as actas electorais
10/01/2025 12:25
Venezuela pecha a fronteira terrestre e suspende os voos con Colombia por unha "conspiración internacional"
O PSOE remarca que España lle reclamou as actas a Maduro e non apoia a súa toma de posesión
O PP acusa a Sánchez de poñerse "de perfil"
A UE sanciona á presidenta do Supremo venezolano e a outros 14 altos cargos
Machado reaparece nunha tensa protesta en Caracas tras a que foi "retida" e liberada

Machado reaparece nunha tensa protesta en Caracas tras a que foi "retida" e liberada
10/01/2025 01:09
A líder opositora di que se atopa "nun lugar seguro" e denuncia retención por parte "das forzas represivas do réxime"
O chavismo nega a detención e fala dunha manobra da oposición: "Se o goberno quixese, xa estaría detida"

Máxima tensión en Venezuela na véspera da toma de posesión presidencial
09/01/2025 14:36
Chavismo e oposición miden as súas forzas convocando manifestacións en Caracas
A cúpula do PP asistirá esta tarde á protesta convocada en Madrid

España non enviará ningún representante á toma de posesión de Maduro en Venezuela
08/01/2025 17:46
O Goberno segue sen recoñecer a súa vitoria, xa que o Consello Electoral nunca publicou as actas de voto

Edmundo González, o líder opositor de Venezuela, denuncia o secuestro do seu xenro
07/01/2025 20:59
O incidente prodúcese tres días antes da toma de posesión do novo presidente

Venezuela rompe relacións co Paraguai polo apoio do presidente a Edmundo González
06/01/2025 21:14
Santiago Peña reuniuse por videoconferencia este domingo co líder opositor, a quen considerou "gañador das eleccións en Venezuela"
O Paraguai ratifica o apoio a González Urrutia e pide a saída do país dos diplomáticos venezolanos

Edmundo González di que a reunión con Biden foi "longa, frutífera e cordial"
06/01/2025 19:20
O líder opositor asegurou que o presidente dos Estados Unidos o acompaña "de corazón" no seu intento de represar a Venezuela para a investidura do 10 de xaneiro
Venezuela rompe relacións con Paraguai polo apoio do presidente a Edmundo González

Edmundo González reitera que estará en Venezuela para a toma de posesión presidencial
05/01/2025 14:22
Miles de persoas aclamárono esta fin de semana na Arxentina e no Uruguai
A súa intención é estar o día 10 en territorio venezolano para desafiar a Maduro
.png)
Milei e González Urrutia reciben o apoio de venezolanos desde o balcón da Casa Rosada
04/01/2025 18:44
Edmundo González Urrutia iniciou este sábado na Arxentina unha xira que proseguirá no Uruguai, Panamá e a Republicana Dominicana ata o 10 de xaneiro
O 10 de xaneiro é a data na que debe tomar posesión o novo presidente saído das urnas o 28 de xullo
Para a oposición, o vencedor foi González Urrutia, pero o presidente Nicolás Maduro afirma o contrario
.jpg)
Venezuela ofrece 100.000 dólares por información sobre o paradoiro de González Urrutia
03/01/2025 10:22
En setembro, González Urrutia solicitou asilo a España, ao considerar que sufría persecución política e xudicial despois das presidenciais do 28 de xullo

23/12/2024 09:48
González fixo esta reclamación despois de que Congreso e Senado recoñeceran o candidato da oposición como presidente electo, mentres o Goberno non deu ese paso

O Goberno concede o asilo ao opositor venezolano Edmundo González
20/12/2024 12:06
Informárono sobre as conclusións do Consello Europeo, onde se solicita unha transición inclusiva, pacífica, democrática ao respecto aos Dereitos Humanos en Venezuela e tamén a liberación de todos os presos políticos

Nicolás Maduro asegura que González Urrutia "está a violar" o seu dereito de asilo en España
12/12/2024 09:23
O presidente venezolano advírtelle ao líder opositor: "Deixa de chamar a unha guerra civil en Venezuela; é moi fácil convidar á guerra desde unha tasca de Madrid"
Tanto Maduro como González Urrutia aseguran que tomarán posesión do cargo de presidente o próximo 10 de xaneiro

Os Estados Unidos recoñecen a Edmundo González como presidente electo de Venezuela
19/11/2024 21:58
"A democracia esixe respecto á vontade dos votantes", dixo o secretario de Estado, Antony Blinken
A Administración de Joe Biden recoñeceu o pasado 1 de agosto a González Urrutia como o gañador dos comicios, pero evitara ata o de agora declaralo "presidente electo"

Edmundo González e Corina Machado, premio Sakharov á liberdade de conciencia
24/10/2024 12:24
O Parlamento Europeo recoñece a súa "contribución excepcional" no ámbito dos dereitos humanos e a súa "loita para restaurar a liberdade e a democracia fronte á inxustiza"
É a segunda vez que a cámara de Estrasburgo outorga este galardón á oposición venezolana
.png)
O Parlamento venezolano insta a Maduro a romper relacións con España
08/10/2024 23:49
A Asemblea Nacional, controlada polo chavismo, aprobou este martes un acordo que insta o Goberno a romper as relacións diplomáticas, consulares e comerciais con España, en resposta á decisión do Congreso español de recoñecer o opositor Edmundo González Urrutia como gañador das presidenciais de xullo

Edmundo González solicitou asilo político en España esta semana, segundo Albares
04/10/2024 08:32
O ministro de Exteriores asegura que Venezuela autorizou a asistencia aos dous españois detidos
Albares dá explicacións no Congreso sobre a operación para a saída de Venezuela do opositor ao Goberno de Maduro

03/10/2024 09:48
O Foro premiou este ano a Josep Borrell polo seu traballo á fronte da diplomacia europea
Alfonso Rueda reivindicou o valor da palabra na política e puxo a Galicia como exemplo de estabilidade
Felipe González e Mariano Rajoy defenden o bipartidismo como o mellor para España

O Centro Carter presenta as actas "orixinais" que dan a vitoria a González Urrutia
03/10/2024 08:33
Segundo as actas, o opositor venezolano gañou os comicios cun 67% dos votos, mentres que Nicolás Maduro obtería o 31%
Edmundo González: "As actas representan a vontade soberana do pobo venezolano"
"A OEA, que vaia lavar ese chaleco, non nos importa o que diga esta señora do Centro Carter", di o ministro do Interior Diosdado Cabello

Centos de persoas saen ás rúas en Galicia para reclamar democracia en Venezuela
28/09/2024 22:51
Xornada de mobilización en todo o mundo para reivindicar o triunfo do opositor Edmundo González nas últimas eleccións

Edmundo González di que non sufriu ningunha presión do Goberno español
20/09/2024 08:17
O líder opositor emite un comunicado para aclarar as versións do sucedido na embaixada
O ministro de Exteriorese agradécelle a aclaración

A Eurocámara recoñece a Edmundo González presidente lexítimo de Venezuela
19/09/2024 12:51
O texto, non vinculante, saíu adiante co voto en contra da esquerda e o si do Partido Popular Europeo, dos ultraconservadores e da extrema dereita
Exteriores nega que intermediase entre Edmundo González e o réxime de Maduro

Exteriores nega que intermediase entre Edmundo González e o réxime de Maduro
19/09/2024 11:26
O ministro José Manuel Albares "deu instrucións directas ao embaixador de non intervir nas xestións que puidese realizar o líder opositor"

O Parlamento Europeo vota este xoves se recoñece a González como presidente de Venezuela
18/09/2024 20:14
A iniciativa, impulsada polo PPE, sumaría apoios entre os grupos conservadores da Eurocámara

O Senado aproba a petición do PP, apoiada por Junts, para que o Goberno recoñeza a Edmundo González
18/09/2024 16:47
A iniciativa do PP contou co apoio de UPN, Junts e Vox
O texto insta o Goberno a recoñecer a González Urrutia e a reclamar ao réxime de Maduro que "recoñeza o resultado (...) e dea paso a un proceso de traspaso de poderes e de transición á democracia"

Feijóo reitera o seu compromiso político cos venezolanos tras verse con Edmundo González
17/09/2024 11:03
O Goberno rexeita as acusacións de terrorismo vertidas por Maduro contra os dous españois detidos
A misión da ONU para Venezuela di que o Goberno de Maduro comete crimes de lesa humanidade
Esta tarde comeza no Parlamento Europeo o debate para decidir se declara presidente lexítimo de Venezuela a González Urrutia

A oposición venezolana convoca unha nova manifestación para o día 28
14/09/2024 21:33
O Goberno de Maduro, apoiado polos militares e os xuíces, condena o que denomina inxerencias de España e dos EUA

Rajoy e Felipe González reúnense con Edmundo González e recoñéceno como presidente electo
13/09/2024 11:36
Está previsto que o candidato opositor venezolano se reúna tamén co presidente do PP Alberto Núñez Feijóo

Sánchez garántelle a Edmundo González que traballará pola democracia en Venezuela
12/09/2024 09:49
O presidente do Goberno recibiu o líder opositor na Moncloa tras pedir o Congreso que recoñeza a súa vitoria
González Urrutia recoñeceu o seu interese en traballar pola recuperación da democracia e o respecto aos dereitos humanos no seu país
O Parlamento de Venezuela ameaza con romper "todas as relacións" con España
Os EUA sancionan 16 funcionarios venezolanos, incluída a presidenta do Supremo

O Congreso insta o Goberno a recoñecer a González Urrutia como presidente electo de Venezuela
11/09/2024 15:03
O mandato saíu diante co apoio do PP, Vox, PNV Coalición Canaria, Unión do Pobo Navarro e o voto en contra do PSOE, Sumar e os demais socios do Goberno
Junts non participou na votación porque os seus deputados abandonaron o Congreso para asistir ás mobilizacións pola Diada e José Luis Ábalos, optou pola abstención, desmarcándose do seu antigo partido

O PNV facilitará que o Congreso aprobe recoñecer a González Urrutia como presidente de Venezuela
10/09/2024 12:22
O texto impulsado polo PP ten garantidos 177 votos a favor de populares, Vox, UPN, Coalición Canaria e nacionalistas vascos
A filla de González le ás portas do Congreso unha mensaxe do seu pai na que chama a redobrar os esforzos pola democracia
Maduro di respectar a decisión de González Urrutia de saír de Venezuela a España

Albares nega "contrapartidas" con Venezuela para facilitar a saída de Edmundo González
09/09/2024 09:20
O ministro de Exteriores afirma que non houbo ningunha negociación co réxime venezolano e aclara que González Urrutia gozará de liberdade de expresión en España
Feijóo di que daría asilo político a Edmundo González, pero como presidente electo de Venezuela

O líder opositor venezolano Edmundo González chega a España tras recibir asilo político
08/09/2024 16:14
O Goberno español aceptou o pedimento do opositor despois dunhas conversas nas que tivo un papel fundamental o expresidente Zapatero
María Corina Machado dirixiuse aos venezolanos: "González Urrutia loitará desde fóra e eu seguirei a facelo desde aquí"

O opositor venezolano Edmundo González viaxa a España tras recibir asilo político
08/09/2024 08:12
O ministro de Asuntos Exteriores confirmou a concesión do asilo solicitado polo político

González, Aznar e Rajoy apoian unha denuncia contra Nicolás Maduro na CPI
06/09/2024 12:26
Os expresidentes apoian o informe que este venres presentou o exmandatario colombiano Andrés Pastrana ante a Fiscalía da Corte Penal Internacional para denunciar "violacións xeneralizadas e sistemáticas de dereitos humanos", incluídos "os crimes de lesa humanidade", do réxime venezolano

A xustiza venezolana ordena deter a Edmundo González Urrutia
03/09/2024 00:21
Dita orde de arresto pola presunta comisión de delitos de usurpación de funcións e asociación para delinquir, entre outros
Atende así a solicitude da Fiscalía, presentada logo de que o dirixente opositor non respondese a tres citacións nos últimos días
María Corina Machado di que "ameazando o presidente electo só os logran unir máis"

A Fiscalía venezolana agarda a comparecencia de González Urrutia por terceira vez este venres
30/08/2024 08:06
Venezuela di que "non debe explicacións" aos Estados Unidos sobre a reelección de Maduro
A UE non recoñece a vitoria electoral de Maduro nin a de Edmundo González

España asume que Venezuela non presentará as actas das eleccións e pide unha resposta común da UE
29/08/2024 11:00
Albares descarta sancións e aposta pola vía negociada
O opositor Edmundo González Urrutia intervén no cumio informal de ministros de Exteriores da UE
O chavismo e a oposición volveron medir as súas forzas nas rúas de Venezuela