Contido coa etiqueta .
Inmigración

21/01/2025 08:51
18 estados demandan a Trump por asinar unha orde para negarlles a cidadanía aos fillos de inmigrantes indocumentados, o que dificulta o seu acceso a dereitos básicos e a posibilidade de traballar legalmente
Von der Leyen expresa a súa preocupación polo anuncio de Trump sobre a saída da OMS e do Acordo de París
Trump confunde España cun membro dos BRICS e promete impoñer aranceis do 100 %
Liberados dous líderes radicais do asalto ao Capitolio tras ser indultados por Trump
.png)
29/12/2024 10:06
A Garda Civil detivo os 7 patróns do caiuco que arribou ao peirao da Restinga, na illa do Hierro, o pasado 3 de novembro
No momento da detención estaban aloxados no dispositivo de emerxencia humanitaria das Raíces, na illa de Tenerife
No caico ían 207 migrantes e o presunto asasinato cometeuse dous días antes de chegar ás Canarias

Polo menos catro mortos e catro desaparecidos na pneumática que se afundiu ao leste de Lanzarote
19/12/2024 08:54
Os 47 sobreviventes do naufraxio, entre eles un neno e catro mulleres, chegaron de madrugada ao porto de Arrecife

Trump promete man dura en inmigración e política comercial dende o primeiro día
08/12/2024 18:55
Tentará acabar co dereito á cidadanía por nacemento e deportar todas as persoas que estean nos EUA de xeito ilegal
Anunciou o aumento dos aranceis para O Canadá e México, os dous principais socios comerciais do país
Contempla a posibilidade de abandonar a OTAN se os países membros non "pagan as súas facturas"

A Policía desartella unha rede de tráfico de migrantes cubanos cara a España
07/12/2024 15:24
Os traficantes trasladaban aos cidadáns dende Cuba cara Serbia e Grecia ata España
Hai 36 persoas detidas e catro deles está xa en prisión provisional
Os inmigrantes chegaban a pagar ata dez mil euros polos servizos dos detidos

Goberno e PP non chegan a un acordo sobre a repartición de menores migrantes
05/12/2024 15:42
O Executivo insiste na reforma da lei de estranxeiría, pero os populares piden un debate máis profundo sobre a política migratoria
Tras fracasar a reunión, o Goberno convocará ás autonomías na Conferencia Sectorial de Xuventude e Infancia

Sánchez anuncia o impulso dunha estratexia de mobilidade laboral en materia migratoria
05/12/2024 14:50
O obxectivo é establecer un modelo que beneficie aos migrantes, aos seus países de orixe e a España
O presidente do Goberno dixo que España quere abrir "unha nova era de igual a igual" co continente africano
As propostas recóllense na estratexia España-África 2025-2027 que presentou Sánchez

Cinco detidos por explotar a traballadores estranxeiros en Mallorca
01/12/2024 17:05
Crearon unha empresa ficcticia que chegou a contar con máis de 185 traballadores ao longo dos máis de dous anos de existencia
Está considerada como a empresa con maior número de traballadores irregulares detectada na historia nas Baleares
A Policía calcula que a organización ingresaba uns 200.000 euros mensuais, ata xerar uns 6 millóns de euros nos dous anos e medios de actividade

Galicia gaña 5.500 habitantes e España roza o máximo histórico de 49 millóns pola inmigración
07/11/2024 09:46
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, as principais nacionalidades dos inmigrantes durante o terceiro trimestre de 2024 foron a colombiana (34.600 persoas), a marroquí (25.500) e a dos españois nados no estranxeiro (25.200)

O sector forestal busca traballadores cualificados no Perú
26/10/2024 21:07
As empresas da madeira abren unha bolsa de emprego para 40 operarios
Buscan traballadores que se queiran establecer de xeito permanente en Galicia

Fracaso de Meloni: o Tribunal de Roma ordena devolver a Italia os migrantes enviados a Albania
18/10/2024 16:13
"Os dous países de onde proceden os inmigrantes, Bangladesh e Exipto, non son seguros", di a xustiza
"As detencións non foron validadas en adopción dos principios vinculantes para os xuíces nacionais e a propia Administración", engade o fallo
Os migrantes volverán a Italia este sábado

A UE empeza a considerar a creación de campos de deportación de migrantes no estranxeiro
18/10/2024 08:13
Imponse a liña dura defendida por Meloni e Tusk, co apoio de Von der Leyen
Sánchez rexeita os centros de deportación fóra da UE porque xeran "novos problemas"

Chegan a Albania os primeiros inmigrantes enviados por Italia
16/10/2024 21:08
O Goberno de Meloni estrea o primeiro centro de internamento extracomunitario
Calcúlase que podería trasladar a Albania 36.000 inmigrantes ao ano

Sánchez esixirá en Bruxelas cumprir o pacto migratorio e rexeitará os centros de retorno fóra da UE
16/10/2024 17:51
A migración será un dos principais focos dun cumio do Consello Europeo no que tamén se falará sobre Ucraína e Oriente Medio
Sobre a mesa estará a posible creación de centros de retorno para migrantes fóra da UE, como os que xa instaurou Italia en Albania
Chegan a Albania os primeiros inmigrantes enviados por Italia

Sánchez analiza a crise migratoria co papa e convídao a visitar as Canarias
11/10/2024 11:00
A xuntanza entre o presidente do Goberno e Francisco no Vaticano durou 35 minutos na que estivo moi presente a situación en Oriente Próximo
Sánchez pide colaboración ao Vaticano para resignificar o Val dos Caídos e aplicar as recomendacións contra abusos do clero

10/10/2024 20:16
Fernando Clavijo critica o PP por romper as negociacións para a repartición de 6.000 menores que chegaron sós ás illas

O PP rompe co Goberno sobre migración e Bolaños pídelle "non inventar escusas"
05/10/2024 13:03
Miguel Tellado anuncia que non se reunirá o vindeiro luns co ministro de Política Territorial por "rexeitar a axuda da UE"
Bolaños insiste en que o Goberno está a facer a política que se pactou en Europa a través do Pacto de migración e asilo

Elma Saiz: "É moi importante adaptar a lexislación antes de transferir o IMV"
30/09/2024 09:43
A ministra de Inclusión di que "non hai problema" en que Galicia xestione o ingreso mínimo vital, pero avisa que "debe convivir coas rendas autonómicas" para reducir a pobreza e conseguir a inclusión
Elma Saiz confirmou que "a finais de outubro ou a principios de novembro" estará lista a reforma do regulamento de estranxeiría

PSOE e Sumar pactan regularizar migrantes que chegasen a España antes de xaneiro do 2024
25/09/2024 20:01
O PP presentou outra emenda parcial en que especifica que a regularización deber ser realizada de forma "individualizada" e mantén a data do 1 de novembro de 2021

19/09/2024 15:58
O lider do PP di que a loita contra a migración irregular "non é un asunto ideolóxico", senón de Estado, e que a principal diferenza non é entre partidos, senón "entre políticos que cumpren as súas obrigas e son responsables, e políticos irresponsables"

O PSOE saca 4,5 puntos de vantaxe ao PP, segundo o CIS, ao caer o apoio aos populares
18/09/2024 13:10
A inmigración convértese no principal problema para os españois

Alemaña comeza a facer controis nas súas fronteiras terrestres para frear a migración irregular
16/09/2024 13:00
Os controis serán "aleatorios" e "flexibles" e, segundo a policía, tentarase que "impacten o menos posible" na vida cotiá da cidadanía
A medida está xerando malestar entre os países veciños

O papa confirma que está a pensar en viaxar ás Canarias pola crise migratoria
13/09/2024 19:56
Papa Francisco: "Alí está a situación cos migrantes que chegan do mar e querería estar preto dos gobernantes e o pobo das Canarias"
Pensa na posibilidade de visitar as illas nunha escala dunha hipotética viaxe á Arxentina
En caso de facelo, sería a súa primeira vez en España

O PP forza a Sánchez a explicar no Congreso a xestión da crise migratoria
10/09/2024 13:04
A Mesa aprobou esta solicitude do PP, que contou co apoio do Grupo Mixto e Vox

Ribeira de Piquín acollerá un grupo de 51 refuxiados
09/09/2024 14:45
Levan uns meses en Madrid e proceden de Malí, O Senegal e Mauritania
En Ribeira de Piquín están empadroados 497 veciños

07/09/2024 17:43
O responsable de Accem Galicia, Daniel Bóveda, pide apartar a inmigración do foco político: "É necesario aproveitar o capital humano para sectores que non temos cubertos"

Sánchez promete máis recursos para todas as comunidades autónomas
04/09/2024 09:22
O presidente do Goberno adianta que o próximo Consello de Ministros aprobará o teito de gasto, paso previo á presentación dos orzamentos
Sánchez convocará a unha xuntanza de traballo na Moncloa todos os presidentes autonómicos, ademais dunha conferencia de presidentes en Cantabria para falar de vivenda
O xefe do Executivo anuncia un cumio bilateral España-Palestina antes de final de ano
Feijóo rexeita o fondo de compensación por "insultante e insuficiente"

Canarias asumirá que os menores que cheguen en caiucos son competencia do Estado
02/09/2024 20:01
O Goberno insular ameaza con levar o Goberno aos tribunais pola xestión da crise migratoria
O presidente, Fernando Clavijo, acusa a Pedro Sánchez de deslealdade e de abandono de funcións

Clavijo anuncia medidas xurídicas ante "o abandono de funcións do Goberno"
02/09/2024 14:21
Ceuta acada o seu máximo histórico de menores non acompañados acollidos

Feijóo, con Rueda e outros presidentes autonómicos, abre o curso político este sábado en Galicia
31/08/2024 11:02
O PP reivindicará en Cerdedo a igualdade para todas as comunidades autónomas
Sobre a crise migratoria os populares insisten na súa esixencia de "coordinación, planificación e transparencia" para resolvela

Sánchez di que é imprescindible devolver aos seus países os migrantes irregulares
29/08/2024 08:32
O presidente do Goberno cre que "este retorno traslada unha mensaxe desincentivadora, nítida, clara e contundente ás mafias e a quen se pon nas súas mans", e di que "a lexislación europea e española obrigan a iso"
O PP acusa a Sánchez de falta de política en migración e de dar bandazos
Sánchez reafirma os beneficios dunha migración segura fronte ás críticas de Feijóo

Máis dunha decena de menores logran chegar a Ceuta con flotadores
25/08/2024 12:55
Ceuta atópase nun estado de emerxencia, cunha sobreocupación superior ao 422 % nas súas instalacións de acollida, conforme os datos da Cidade Autónoma
Só no mes de agosto, máis de 230 menores chegaron de maneira irregular a Ceuta, o que eleva o total anual a preto de 650

Cruzamento de declaracións entre Feijóo e Diana Morant sobre o impacto da inmigración en España
24/08/2024 18:08
Núñez Feijóo cuestiona a inmigración irregular e Diana Morant apela á "humanidade"

O primeiro ministro británico promete man dura contra os responsables da violencia
05/08/2024 15:48
Starmer dixo que haberá suficiente espazo nas prisións para os que atacaron mesquitas e hoteis que acollen inmigrantes
Tamén avisou as persoas que inciten a cometer estes delitos a través de Internet

Chega a Galicia o primeiro grupo de inmigrantes que recibirá a comunidade
30/07/2024 14:23
Galicia prevé recibir esta semana uns 280 migrantes, 104 este martes
Chegan procedentes das Canarias, onde permaneceron un tempo logo de fuxir da guerra do seu país, Malí

Adiada a chegada a Galicia das 470 persoas migrantes procedentes das Canarias
25/07/2024 09:48
Está prevista a súa chegada para a semana vindeira, segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia
Mantéñense os lugares de destino: Santiago, Becerreá, Ourense, Monforte e Allariz
.jpg)
22/07/2024 09:26
A Conferencia Sectorial de Inmigración tratará sobre o borrador do novo regulamento de estranxeiría
O PP votará en contra da reforma da lei de estranxeiría este martes no Congreso ao non aceptar o Goberno as súas condicións

Municipios galegos preparan a acollida duns 470 migrantes a partir do 25 de xullo
19/07/2024 17:48
Na súa maioría, foxen da guerra en Malí e contan con solicitude de asilo

18/07/2024 15:08
Alfonso Rueda esixiulle ao Goberno central que abandone a "improvisación" e non avise "o día anterior" das chegadas
A Xunta prevé a chegada de entre 470 e 500 migrantes a Galicia "ata finais de xullo", pero varias oenegués ven probable que "a cifra vaia a máis"
A Xunta lamenta a falta de información e que algúns "fagan política" coa chegada dos migrantes

15/07/2024 21:05
O líder dos populares critica que o Goberno reduza o problema "á repartición de menores entre as autonomías"
Feijóo non aclara se o PP vai apoiar a reforma da lei de estranxeiría