Contido coa etiqueta .
Irán

Italia excarcera o iraniano buscado polos EUA tras a liberación de Cecilia Salga
12/01/2025 18:20
A xornalista italiana estaba presa en Irán dende o 19 de decembro e foi liberada pouco despois do encontro entre Meloni e Trump

Irán libera a xornalista italiana Cecilia Sala
08/01/2025 12:22
A xornalista, acusada polo réxime iraniano de “violar as leis da República Islámica”, levaba encarcerada desde o pasado 19 de decembro

Novo episodio no ciclo de ataques e represalias entre Israel e Irán
26/10/2024 20:47
Israel bombardeou instalacións militares iranianas
A comunidade internacional chama as partes á contención

Israel bombardea Irán en represalia polo ataque con mísiles
26/10/2024 03:06
O exército dá por concluída a operación tras lanzar tres ondas de ataques "precisos" contra "obxectivos militares"
Unhas fortes explosións sacudiron esta madrugada os arredores de Teherán e a cidade próxima de Karaj
Irán, Irak e Israel pechan o seu espazo aéreo.

A UE impón as primeiras sancións a Irán por dar a Rusia mísiles balísticos contra Ucraína
14/10/2024 13:30
Á lista de sancionados inclúe sete persoas e sete entidades
.png)
Roni Kaplan, voceiro do Exército israelí: "Temos dereito a defendernos de Irán"
08/10/2024 10:12
Desde as IDF aseguran que o obxectivo de Israel non é ampliar a guerra no Líbano, senón conter ameazas

Irán reabre o seu espazo aéreo, pechado durante horas por temor a un ataque israelí
07/10/2024 06:11
Decidiuno a Organización da Aviación Civil tras “garantir condicións de voo seguras”

A UE esixe aos actores en conflito en Oriente Próximo que non ataquen instalacións nucleares
03/10/2024 14:20
O alto representante da UE para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, pide frear a escalada bélica

Netanyahu di que Irán "cometeu un grande erro e pagará por iso" tras ataque a Israel
02/10/2024 08:23
Irán dá por finalizado o seu ataque a Israel, a menos que Tel Aviv incite a “máis represalias”
O Consello de Seguridade de Nacións Unidas reúnese de emerxencia este mércores
Irán lanzou este martes pola tarde un ataque de mísiles contra territorio israelí

Irán lanza preto de 200 mísiles contra Tel Aviv e Xerusalén
01/10/2024 18:43
Irán confirma o lanzamento de mísiles en vinganza polos asasinatos dos líderes de Hamas e Hezbollah
Polo menos seis mortos e nove feridos nun tiroteo en Tel Aviv

Deteñen un home de negocios israelí por colaborar con Irán para asasinar a Netanyahu
19/09/2024 09:49
O arrestado está acusado de participar en dúas reunións en Irán. Na segunda delas propuxéronlle o asasinato de destacadas figuras israelís.
O home supostamente pediu un millón de dólares antes de levar a cabo calquera plan, pero os iranianos negáronse e cobrou 5.000 euros por acudir a esas xuntanzas
.jpg)
O reformista Pezeshkian gaña os comicios en Irán: "Daremos a man de amizade a todos"
06/07/2024 08:30
Sucederá o ultraconservador Ebrahim Raisi, falecido nun accidente de helicóptero o pasado mes de maio
Gañou popularidade na campaña cunha mensaxe de moderación, achegamento a Occidente e críticas ao veo
.png)
O líder supremo de Irán preside o funeral do presidente Raisi
22/05/2024 08:55
Milleiros de persoas participaron no rezo e acompañaron a procesión dos oito cadaleitos desde a Universidade de Teherán ata a praza Azadi

Irán confirma a morte de Raisi ao esnafrarse o helicóptero en que viaxaba
20/05/2024 05:56
O líder supremo iraní nomea a Mohamad Mojber presidente interino do país tras o accidente de helicóptero no que morreu Ebrahim Raisi
As autoridades decretan cinco días de loito e preparan para mañá as cerimonias fúnebres

Confusión en Irán na intensa busca do helicóptero en que viaxaba o presidente
19/05/2024 22:54
O exército asegura que localizou o lugar onde está a aeronave sinistrada que transportaba a Ebrahim Raisi
Viaxaban tamén o ministro de Exteriores e outros destacados dirixentes do país
Os países árabes solidarízanse con Irán e ofrecen a súa axuda

O helicóptero do presidente iraniano, en paradoiro descoñecido tras unha aterraxe forzosa
19/05/2024 16:12
As autoridades do país non dan detalles do suceso que afectou o conservador Ibrahim Raisi
A televisión iraniana emite rezos polo presidente iraniano, mentres continúa a súa procura

Marjane Satrapi, autora do cómic 'Persépole', Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades
30/04/2024 12:13
A autora franco-iraniana tamén conta cunha premiada traxectoria como cineasta e pintora

Iraq confirma a morte dunha persoa no ataque contra a base dun grupo proiraniano
20/04/2024 08:38
Outras oito persoas quedaron feridas na explosión rexistrada a 80 quilómetros de Bagdad

Deteñen un home que entrou con falsos explosivos no consulado de Irán en París
19/04/2024 15:03
O individuo saíu pola súa propia vontade do consulado e foi arrestado polas forzas de intervención rápida, que alertaron de que levaba unhas granadas que resultaron ser simuladas
A policía levantou un perímetro de seguridade en varias rúas contiguas

O Conflito de Oriente Medio e o gasto armamentístico, por María Loureiro
19/04/2024 08:32

Israel lanza un ataque limitado con drons contra Irán
19/04/2024 05:31
O Exército de Israel elude asumir a autoría desta acción, que se produce seis días despois de que Teherán atacara por primeira vez o seu territorio
A comunidade internacional fai un chamamento unánime á contención
Deteñen un home que supostamente entrou con explosivos no consulado de Irán en París

Michel pide contención a todas as partes tras o ataque de Irán a Israel
18/04/2024 20:27
A Unión Europea volve pedir un cesamento do fogo en Gaza e propón sancionar a Irán

Borrell afirma que cómpre "ampliar" o sistema de sancións a Irán para facelo "máis eficaz"
18/04/2024 10:33
Reclama "moderación" para evitar calquera escalada porque "estamos ao bordo dunha guerra rexional" con repercusións mundiais
O xefe da diplomacia europea subliñou a necesidade de intensificar o apoio militar a Ucraína e pediu de novo que Israel non leve a cabo o ataque a Rafah

Irán asegura que avisou os Estados Unidos do ataque a Israel
18/04/2024 08:16
O ministro de Exteriores iraniano afirma que mandaron outra mensaxe máis despois da ofensiva en que afirman que non buscan unha escalada da tensión na rexión

A UE prepara as novas sancións contra Irán tras o ataque a Israel
16/04/2024 20:22
As sancións afectarán a fabricación de drons iranianos, ao igual que a UE xa está a facer cos avións non tripulados que Teherán entrega a Rusia

Israel estuda a súa resposta ao ataque de Irán
15/04/2024 18:54
Netanyahu reune o seu gabinete de guerra
A comunidade internacional intenta evitar unha escalada das hostilidades

15/04/2024 14:42
As principais bolsas europeas mantéñense en positivo, e o prezo do petróleo baixou lixeiramente tras varios días de suba

Irán insiste en que non busca tensións tras o ataque a Israel e que tivo obxectivo "disuasorio"
15/04/2024 11:18
O ministro de Exteriores iraniano afirma que "a acción da República Islámica do Irán foi necesaria e proporcional e estivo dirixida a obxectivos militares"
O Goberno de Irán lamenta a falta de medidas da comunidade internacional perante o ataque contra o consulado iraniano en Damasco o 1 de abril
O Goberno cre que a escalada en Oriente Próximo só pode frearse co recoñecemento do Estado palestino

O G7 e Biden censuran o ataque de Irán ao tempo que optan pola vía diplomática
14/04/2024 20:55
A Unión Europea expresa que fará todo o posible para evitar unha escalada no conflito
Ducias de países, a OTAN e o Papa Francisco reclaman moderación das partes

Reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU e do G7 para responder a Irán
14/04/2024 14:55
A Unión Europea e ducias de Estados condenan a acción militar iraniana
Pedro Sánchez tamén censura o ataque e pide "responsabilidade e contención"

Irán considera un éxito o seu ataque contra Israel, mentres o mundo pide contención
14/04/2024 14:30
O xefe do Estado Maior das Forzas Armadas iranianas advertiu aos EUA que atacará as súas bases se apoia unha resposta israelí
Rusia, un dos principais aliados de Irán e embarcado na invasión de Ucraína, expresou a súa preocupación pola "perigosa escalada"
Joe Biden tratará de coordinar cos seus homólogos do G7 unha resposta diplomática

Israel mantense alerta tras interceptar máis de 300 proxectís iranianos
14/04/2024 07:52
O Consello de Seguridade da ONU reúnese de urxencia este domingo a pedimento de Israel
Biden dá o seu apoio a Netanyahu tras un ataque "sen precedente" e buscará resposta do G7
.jpg)
Irán lanza unha vaga de mísiles e drons contra Israel
13/04/2024 22:32
Xa foron interceptados 200 drons fóra do espazo aéreo israelí e as alarmas soan en varios puntos do país
Irán secuestra un barco "vinculado" con Israel con 25 persoas a bordo

Irán secuestra no Pérsico un buque "vinculado" a Israel con 25 persoas a bordo
13/04/2024 18:45
A captura, no estreito de Ormuz, eleva máis a tensión en Oriente Próximo

Biden cre que Irán vai atacar Israel "máis pronto que tarde" e pide que non o faga
13/04/2024 09:24
O presidente estadounidense subliñou que Washington está comprometido coa defensa do estado xudeu

A ameaza dun ataque iraniano a Israel sobe os prezos do petróleo e do ouro
12/04/2024 19:35
A Casa Branca asegura que as ameazas de Irán contra Israel son "cribles"

A Xustiza arxentina responsabiliza a Irán e Hezbollah do ataque de 1994 contra a AMIA
12/04/2024 08:48
O atentado, ocorrido en Bos Aires hai 30 anos, deixou 85 mortos e 300 feridos

Irán advirte de que o ataque israelí en Siria “non quedará sen resposta”
02/04/2024 09:55
"Os sionistas deben saber que nunca alcanzarán os seus sinistros obxectivos con estas inhumanas accións", di o presidente iraniano Ebrahim Raisí
Hezbollah di que Israel terá un "castigo" polo ataque

A Cruz Vermella lanza unha alarma polo aumento da tensión en Oriente Próximo
06/02/2024 09:40
A organización insiste en que o incremento das hostilidades agravará as emerxencias humanitarias
Pídelle ás partes implicadas dar prioridade á vida da poboación civil e respectar o dereito internacional

Decenas de mortos en Siria e Iraq tras os bombardeos estadounidenses
03/02/2024 08:27
Medra a tensión en Oriente Próximo tras a resposta dos EUA ao ataque en Xordania da pasada semana