Contido coa etiqueta .
Lei Trans

O Goberno recorre ante o Constitucional a lei trans e LGTBI da Comunidade de Madrid
25/06/2024 16:07
A ministra de Igualdade, Ana Redondo, considerou que a normativa da Comunidade de Madrid é "claramente regresiva"
Os recursos céntranse nos artigos que o Goberno considera contrarios aos dereitos fundamentais ou que invaden competencias do Estado
Recórrense tamén os artigos que supoñen unha "patoloxización" dos menores trans ao esixirlles informes e acompañamento psicolóxico.
"O Orgullo LGTBI é o orgullo de toda España e defendemos unha España orgullosamente libre", sublíñase na declaración institucional con motivo do Día do Orgullo

O Defensor do Pobo recorre ante o Constitucional a lei trans de Madrid
01/04/2024 16:02
Considera que vulnera os dereitos dos menores

Un maltratador elude unha condena por violencia machista cambiando de xénero
23/01/2024 16:13
O Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña decidiu enviar o caso ao xuíz de instrución, xa que carecía de competencias

O feminismo sae á rúa nun 8M marcado pola lei do 'só si é si' e a 'lei trans'
08/03/2023 15:03
Esta mañá xa se produciron as primeiras manifestacións, aínda que pola tarde se agardan as máis numerosas

Alicia Arruti é a primeira adolescente galega que solicita o cambio de sexo no DNI
05/03/2023 20:40
Grazas á entrada en vigor da nova lei trans, terá a súa nova identidade oficial nun prazo máximo de catro meses

Entran en vigor as reformas da lei do aborto e da lei trans
02/03/2023 00:20
A lei do aborto elimina a necesidade de contar co consentimento paterno para as menores de 16 anos
Despatoloxízase o proceso de rectificación rexistral da mención relativa ao sexo

O Congreso aproba a reforma do aborto e a lei trans
16/02/2023 07:11
A lei trans permitirá o cambio de sexo no rexistro sen necesidade de informes médicos nin tratamentos
E a lei do aborto busca garantir as interrupcións voluntarias do embarazo en centros sanitarios públicos

O Senado aproba a reforma da lei do aborto e a lei trans
08/02/2023 21:56
Volverán emendadas ao Congreso para a súa ratificación definitiva
Non prosperaron os vetos do PP e de Vox ás dúas leis

O PSOE expedienta a Carmen Calvo por absterse na votación da lei trans
23/12/2022 16:10
A exvicepresidenta exponse a unha sanción máxima de 600 euros

O Congreso aproba a lei trans, que recoñece a autodeterminación de xénero
22/12/2022 15:15
A exvicepresidenta do Goberno Carmen Calvo abstívose na votación: "Estou de acordo con que exista unha lei, pero non esta lei"

O PSOE renuncia á súa emenda sobre o cambio de sexo rexistral de menores
13/12/2022 10:41
Desde a dirección socialista non cren que deputadas como Carmen Calvo vaian romper a disciplina de voto a pesar de non estar de acordo co contido final da lei

Rexeitada a emenda do PSOE sobre a autodeterminación de xénero
12/12/2022 20:31
Os socialistas pretendían que a autorización xudicial fose obrigatoria para cambiar de sexo ata os 16 anos

A lei trans pasa o seu primeiro exame no Congreso sen acordo entre PSOE e Unidas Podemos
12/12/2022 08:28
A Comisión de Igualdade ten que aprobar o ditame da lei e despois pasaría ao pleno

As protestas contra os recortes na lei trans saen á rúa en 17 cidades
10/12/2022 21:10
Máis de 60 colectivos LGTBI pídenlle ao PSOE que non poña atrancos na norma nos casos referidos aos menores de 16 anos
Varias organizacións anuncian que presentarán un recurso ante o Tribunal Constitucional se non hai cambios substanciais na tramitación parlamentaria da lei

O PSOE decide manter as emendas á lei trans malia o malestar de Podemos
28/11/2022 10:44
No PSOE defenden que hai que garantir a seguridade xurídica e Podemos acúsaos de promover recortes de dereitos
Os socialistas manterán a emenda que esixe o aval da xustiza para cambio de sexo en menores de 14 a 16 anos

Manifestación en Santiago para esixir que se aprobe a lei trans canto antes
05/11/2022 14:16
Sinalan os enfrontamentos políticos como orixe do adiamento sucesivo do proxecto lexislativo

03/11/2022 10:28
O presidente do Consello Galego de Colexios Médicos Isidro Lago Barreiro defende a creación de equipos sanitarios interdisciplinarios que avalíen a madurez das persoas, especialmente dos menores, que solicitan o cambio de sexo
Nunha entrevista na Radio Galega, Isidro Lago asegura que a petición de informes médicos esta na liña das normativas de países como Alemaña, Bélxica, Dinamarca ou Irlanda

ARELAS denuncia que PSOE e Podemos usan os menores trans como moeda de cambio
01/11/2022 11:00
A presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia, Cristina Palacios, asegura que o PSOE atrasa á mantenta a tramitación da lei trans no Congreso por un conflito de poder con Unidas Podemos
Nunha entrevista na Radio Galega, a presidenta de ARELAS sinala que a falta de apoio familiar é o principal atranco co que se enfrontan os menores trans

O PSOE mantense na intención de esixir máis requisitos aos menores trans
31/10/2022 20:47
A Plataforma trans anuncia unha manifestación contra as emendas do PSOE
Entre as peticións inclúese a autorización dun xuíz para o cambio de sexo no rexistro para os menores entre os 12 e os 16 anos
Presentáronse un total de 37 emendas en materia de erradicación da violencia, inclusión laboral e sanitaria, entre outras

O PSOE propón aval xudicial para que os menores de 16 poidan cambiar de sexo
28/10/2022 17:04
É unha das emendas, aínda non definitvas, á lei trans

Colectivos LGTBI piden ante o Congreso que se tramite con rapidez a lei trans
27/10/2022 14:27
A tramitación da norma está a ser motivo de conflito entre os socios de Goberno

Montero cualifica de "incomprensible" que o PSOE amplíe o prazo para presentar emendas á lei trans
26/10/2022 11:15
Confía en que "rectifique" asumindo o calendario proposto polo seu departamento para aprobar a norma antes de final de ano

O PSOE pide unha última semana para presentar emendas á lei trans
25/10/2022 19:19
Esta nova petición tensa as relacións entre membros da coalición de goberno

O PSOE estuda que facer coa lei trans no medio de fortes tensións internas
25/10/2022 14:38
Podemos advirte que non aceptará ningún recorte de dereitos
Grupos feministas socialistas contrarios a este lei piden reunirse con Pedro Sánchez

Milleiros de persoas marchan en Madrid para amosar o seu apoio á lei trans
22/10/2022 19:47
Pídenlle ao PSOE que non atrase máis a súa tramitación

A lei trans segue dividindo o Goberno
20/10/2022 14:21
Irene Montero mostra a súa preocupación polo atraso do prazo para a presentación de emendas
O PSOE asegura que se vai mellorar a lei no trámite parlamentario e Nuñez Feijóo anuncia que a derrogará se chega ao goberno

O atraso na tramitación da lei trans no Congreso abre unha fenda na coalición de goberno
19/10/2022 14:57
Unidas Podemos pídelle a Pedro Sánchez que actúe para aprobar a lei neste ano