Contido con Temática .
Igualdade

Hermoso di que Rubiales non a respectou: "Estaba a bicarme o meu xefe, e iso non debe ocorrer"
03/02/2025 12:18
A preguntas da tenenta fiscal da Audiencia Nacional, Marta Durántez, Hermoso asegurou que Rubiales manchou "un dos días máis felices" da súa vida
Rubiales, que se enfronta a unha petición de dous anos e medio de prisión, sentará no banco xunto ao exdirector deportivo da selección masculina Albert Luque, o exadestrador da feminina Jorge Vilda e o antigo responsable de márketing da RFEF Rubén Rivera, acusados de coaccionaren a xogadora para que xustificase o bico
A tenenta fiscal da Audiencia Nacional Marta Durántez destaca que a conduta de Rubiales foi "sorprendente e sen consentimento nin aceptación" da internacional, e incide na "situación de acoso" á que foi sometida despois para que "xustificase e aprobase" o bico

Un home mata a nai da súa exparella en Murcia, que recibiu un disparo dirixido á súa filla
23/01/2025 10:12
A vítima interpúxose na traxectoria da bala cando o autor do crime disparou contra a súa exmoza

20/01/2025 16:40
Publícanse os videos das declaracións ante o xuiz: Errejón dixo que dmitiu porque era incoherente defenderse e seguir en Sumar
Mouliaá dixo ao xuíz que Errejón actuou de forma "fría" e tardou en denunciar "por medo": "Parou porque eu me zafei"
O vídeo da súa declaración xudicial deixa ver as dúbidas do xuíz Carretero, que cuestiona varias veces o seu testemuño: "Estaba moi ebria?", "Seguro?"

Xulgan en Alacant un home de 73 anos por asasinar e despezar a súa parella
20/01/2025 13:41
A Fiscalía cualifica os feitos como asasinato con aleivosía e asañamento, coas agravantes de parentesco e discriminación por razón de xénero

Errejón sostén ante o xuíz que a relación con Elisa Mouliáa foi consentida
16/01/2025 12:01
O político explicou que non dimitiu foi pola denuncia de agresión sexual, senón porque perdera a confianza
A actriz ratifica que dixo non a Errejón e suxire que puido botarlle "algo" na bebida

VioGén 2: Interior dá un "salto tecnolóxico" na protección fronte á violencia machista
15/01/2025 16:00
Este sistema ten como obxectivo mellorar a seguridade das mulleres e os seus fillos, sobre todo nos casos de maior complexidade, perigo e vulnerabilidade
Inclúe cambios nos niveis de risco, unha mellor interoperabilidade entre institucións e a creación dos "casos en revisión", para protexer as vítimas durante máis tempo

Nove detidos e seis vítimas liberadas dunha rede de tráfico de persoas en Galicia e nas Canarias
15/01/2025 11:17
Os investigadores descubriron unha organización para captar mulleres mozas en Venezuela para despois trasladalas a Tenerife e explotalas sexualmente tras contraer unha débeda aproximada de 6.000 euros
A Policía Nacional lembra que se pode informar de forma anónima se se ten coñecemento, indicios ou sospeitas sobre tráfico de persoas na súa páxina web oficial dentro do apartado "Colabora", opción "Trata"

Condenado a un ano e oito meses de prisión por afogar a cadela da súa exparella
15/01/2025 09:56
A intención do home era predeterminada e "co fin de minguar a integridade e a vida" do animal
Aplícaselle a agravante de intentar "coaccionar, intimidar, acosar ou producir danos psíquicos" á muller, polo que terá que indemnizala con 5.000 euros

Varias mulleres acusan o escritor británico Neil Gaiman de agresión sexual
14/01/2025 12:30
Oito mulleres contan o seu caso á revista New York Magazine, pero en total son doce as que acusaron o autor de The Sandman, e todas coinciden en describir prácticas de sexo duro e sadomasoquistas sen consentimento
Representantes do escritor defenderon que todos os encontros foron acordados
.jpg)
13/01/2025 14:42
Rexeitan a cualificación de asasinato e piden a revisión da condena
Négase a "intención de matar" e piden a cualificación "en todo caso, de homicidio imprudente"

Fala a filla de Pelicot: "Creo que a min tamén me violou"
13/01/2025 13:49
Desvelou na BBC que a policía atopou no ordenador do pai imaxes de cando ela era moza, inconsciente nunha cama e só con roupa interior
Hoxe Caroline Darian, que renunciou ao apelido paterno, ten 46 anos e dedícase a loitar contra a submisión química

Eirín recorre a súa condena polo crime de Jéssica Méndez: "O máis probable é que quedase durmido"
13/01/2025 13:24
O condenado nega a intención de matar e pide a absolución

Inaugúrase en San Cibrao das Viñas o primeiro aparcadoiro para camións protexido de Galicia
10/01/2025 15:17
Conta con 11.000 metros cadrados e un total de 59 prazas concibidas para atender as necesidades dos transportistas en ruta
Ten un sistema de videovixilancia de última xeración, zona de carga para frigoríficos e wifi

Meta modifica a súa política e permitirá denominar "enfermas mentais" as persoas LGTBIQ+
10/01/2025 13:47
Eliminouse unha parte da normativa na que se especificaba que estaba prohibido referirse ás mulleres como "obxectos do fogar ou propiedade"
Mark Zuckerberg non anunciou os cambios sobre condutas que incitan ao odio

O fillo de Juana Rivas seguirá en España ata que se resolva que xulgado leva o caso
10/01/2025 11:48
O neno chegou o 22 de decembro a España cun permiso para visitar a súa nai e o seu irmán e debía regresar inicialmente o 2 de xaneiro
Residía en Italia co seu pai, quen tiña a súa custodia

Homenaxean unha veciña da Bola, pioneira ao volante
09/01/2025 20:14
Foi unha das primeiras mulleres en quitar o carné de conducir en Ourense e converteuse en todo un referente na comarca de Celanova, onde lles fixo de taxista, de balde, aos veciños da zona
Julia Vázquez Álvarez, de 82 anos, é a protagonista do mes na campaña pola Igualdade da Deputación de Ourense

A xustiza paraliza de forma provisional o regreso do fillo de Juana Rivas a Italia
08/01/2025 08:51
Antes de tomar a decisión, a xuíz de garda e o fiscal escoitaron o menor, de dez anos, no transcurso dunha exploración celebrada en dependencias xudiciais
O menor, que reside en Italia co seu pai, estaba de vacacións coa súa nai desde o pasado 22 de decembro

07/01/2025 17:25
A representación de Rivas pediu medidas de protección internacional para que o seu fillo menor non regrese a Italia

Á espera de pasar a disposición xudicial o home detido por matar a súa nai en Barakaldo
04/01/2025 14:20
A autopsia que realiza o Instituto vasco de Medicina Legal determinará as causas da morte
Non existían denuncias previas de violencia doméstica

En liberdade os dous mozos de 24 anos acusados de agredir sexualmente unha menor en Lugo
03/01/2025 16:55
Como medidas cautelares deberán comparecer perante o xulgado cada 15 días e non poderán achegarse á menor a menos de 200 metros nin comunicarse con ela de ningunha forma
A Fiscalía non solicitou para eles pena de prisión

Dous detidos en Lugo por unha suposta agresión sexual a unha menor durante a Noitevella
02/01/2025 12:46
A vítima, de 16 anos, denunciou que cando saía dun local de lecer na madrugada de fin de ano foi abordada e rodeada por un grupo de homes e que dous deles lle fixeron tocamentos

O detido por matar unha muller en Almería tentou queimar o cadáver
02/01/2025 09:06
O home, que primeiro declarou na comisaría que "presenciara un homicicio", acabou confesando a autoría do crime

Deteñen un home de 60 anos por matar supostamente unha moza de 29 nunha vivenda de Madrid
30/12/2024 10:12
Os sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento, mentres que efectivos do Grupo de Atención ao Cidadán da Policía Nacional detiveron o presunto agresor nas inmediacións
A Policía non descarta que poida tratarse dun caso de violencia machista

Dominique Pelicot non recorrerá a súa sentenza, pero haberá un novo xuízo en apelación
30/12/2024 09:07
Polo menos 17 dos outros 50 acusados da violación grupal a Gisèle Pelicot anunciaron que teñen intención de recorrer as súas sentenzas

En vinte anos da lei contra a violencia de xénero os asasinatos baixaron un 29 %
28/12/2024 10:25
A Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, aprobouse por unanimidade o 28 de decembro de 2004. Foi a primeira lei impulsada polo Goberno de Zapatero
Premisa fundamental: "A violencia de xénero non é un problema que afecte o ámbito privado", é unha cuestión de Estado
O PSOE conmemora o vixésimo aniversario da aprobación da lei integral contra a violencia de xénero

21/12/2024 15:48
Galicia abriu os cinco centros previstos para atender estas vítimas, o último deles en Ferrol
Fabiola Gracia sinala que están "plenamente operativos" e que se cumpriron os prazos previstos

Prisión provisional para o acusado de matar a coiteladas a súa parella en Viveiro
20/12/2024 17:29
Inicialmente será ingresado na unidade de custodia do Hospital Universitario de Lugo, a fin de que poida finalizar un tratamento e, cando cumpra a alta médica, será trasladado a un centro penal
"Descansa, miña raíña", a despedida de Álex, fillo da muller asasinada en Viveiro

"Descansa, miña raíña", a despedida de Álex, fillo da muller asasinada en Viveiro
20/12/2024 09:55
Este venres está previsto que pase a disposición xudicial o suposto autor do crime machista

A Xunta abrirá este venres os cinco centros de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual
19/12/2024 16:05
Estarán nos hospitais Gil Casares de Santiago, Novoa Santos de Ferrol, Álvaro Cunqueiro de Vigo, PAC de Ourense e Lucus Augusti de Lugo
Prestarán atención psicolóxica, xurídica e social, ademais de apoio e información ás vítimas

O presunto autor do crime machista de Viveiro pasa este venres a disposición xudicial
19/12/2024 11:19
O home negouse este xoves a declarar na comisaría de Viveiro
Multitudinarios actos de repulsa en Viveiro, onde os veciños seguen consternados

19/12/2024 10:06
Gisèle Pelicot respecta a sentenza e lembra todas as "vítimas non recoñecidas"
A xustiza declara culpables os 51 acusados do caso e imponlles penas entre 3 e 20 anos por violar a Giséle Pelicot

A sentenza polas violacións do caso Pelicot ditarase este xoves, con penas de ata 20 anos
18/12/2024 20:45
Son 51 os acusados polas agresións sexuais que Gisèle Pelicot sufriu durante unha década en Francia
Foi drogada e violada en múltiples ocasións polo seu exmarido, Dominique Pelicot, que convidaba outros homes a abusar dela tamén

Mata cun coitelo a súa parella en Viveiro e logo tenta suicidarse
18/12/2024 14:41
O suposto agresor, un taxista de 48 anos, foi trasladado en estado grave ao Hospital da Mariña, en Burela, onde permanece baixo custodia policial
A vítima, de 42 anos e nacionalidade brasileira, mantiña unha relación desde hai 11 anos co suposto agresor
Segundo fontes próximas á investigación, non existían denuncias previas por malos tratos

Un home mata a muller en Murcia e entrégase á Policía
17/12/2024 17:20
O agresor tiña unha orde de afastamento que venceu o pasado 6 de decembro

El Cigala, condenado a máis de dous anos de prisión por malos tratos á súa exmuller
17/12/2024 15:26
A sentenza inclúe a prohibición de aproximarse á vítima a menos de 200 metros

12/12/2024 14:33
O Xulgado de Menores impónlle nove meses de liberdade vixiada

Detido un home en Palma acusado de matar a coiteladas unha muller en presenza da súa filla
10/12/2024 18:06
Detivérono no coche cando levaba dentro o cadáver da muller e mais a nena ferida

O deportista Gervasio Deferr nega as acusacións de abuso sexual e defende a súa inocencia
04/12/2024 08:45
O xornal El País publicou a acusación dunha muller que relataba ser violada polo deportista cando ela era menor de idade, e, segundo ela, habería dúas vítimas máis, tamén menores

Juana Rivas pide protección para o seu fillo menor tras os cargos por malos tratos contra o pai
04/12/2024 08:13
O escrito de procesamento da Fiscalía italiana acusa a Francesco Arcuri de someter ambos os fillos "habitualmente a violencia física, vexacións, insultos e ameazas"
O equipo xurídico de Rivas manifesta a súa "máxima preocupación ante o feito de que un menor se vexa obrigado a seguir vivindo co seu pai" perante a existencia deste proceso

Detido o condutor fuxido en Granada que tiña unha orde de afastamento da vítima
03/12/2024 20:48
Foi arrestado polos delitos de quebrantamento de condena, condución temeraria, homicidio imprudente e condución baixo os efectos do alcol