Contido coa etiqueta .
Manuel Baltar

Baltar nega no Supremo cometer un delito contra a seguridade viaria: "Nunca superei os 200 km/h"
13/01/2025 14:21
A Fiscalía acusa a Baltar de conducir a 215 quilómetros por hora ao alcanzar o punto quilométrico 66,900, dentro do termo municipal zamorano de Asturianos, nun tramo limitado a 120 quilómetros
Sobre o ocorrido, dixo que foi interceptado polos axentes tras o aviso dun radar e que, tras facer as comprobacións oportunas, comunicáronlle que cometera unha infracción administrativa
Na vista, un axente que interveu no control explicou que "a velocidade de captación foi de 215 quilómetros/hora" e que aplicado unha marxe de erro do 5 %, como corresponde a este radar estático, a velocidade aproximada sería de "204 quilómetros/hora"

O senador Baltar Blanco, a xuízo este luns no Supremo por circular a 215 km/h
12/01/2025 22:30
A Fiscalía pide unha multa de 1.800 euros e un ano de privación do carné de conducir por un delito contra a seguridade viaria
A defensa entende que a causa está resolta porque pagaron a multa e houbo retirada de seis puntos; ademais, sostén que nunca pasou dos 200 por hora, o mínimo para ser delito

O Supremo xulgará o 13 de xaneiro a Baltar por circular a 215 quilómetros por hora
17/12/2024 15:14
A Fiscalía pide para o expresidente da Deputación de Ourense e senador do PP 1.800 euros de multa e un ano sen carné de conducir por un delito contra a seguridade viaria
Baltar Blanco rexeitou cometer un delito contra a seguridade viaria, debido a que sostén que nunca pasou dos 200 quilómetros por hora, o mínimo para que sexa considerado delito

O Supremo propón xulgar a Baltar por un delito contra a seguridade viaria
20/06/2024 14:39
A Fiscalía pediu para el unha multa de 1.800 euros e a retirada do permiso de conducir durante un ano e un día

O Senado autoriza o Supremo a xulgar a Baltar por un delito contra a seguridade viaria
24/04/2024 16:23
Nunha votación a porta pechada, a cámara alta, co aval do PP, suspendeu o aforamento do parlamentario galego e expresidente da Deputación de Ourense

A xuíza do Supremo propón solicitar suplicatorio para xulgar a Baltar
06/03/2024 15:13
A maxistrada Ana Ferrer ve indicios dun delito contra a seguridade do tráfico

O Supremo rexeita anular a causa contra Baltar por circular a 215 quilómetros por hora
01/02/2024 16:07
O senador do PP e expresidente da Deputación de Ourense alegaba que xa fora sancionado con 600 euros e a perda de 5 puntos do carné, polo que non procedía continuar pola vía xudicial
A xuíza instrutora resposta que, en caso de chegar a xuízo, será ao tribunal a quen competa ponderar a cuestión

O Supremo cita a Baltar para que declare voluntariamente o 12 decembro
22/11/2023 16:25
A citación busca evitar que o Alto Tribunal teña que pedir o suplicatorio ao Senado pola causa aberta contra o expresidente da Deputación de Ourense por circular a 215 Km/h

O Supremo abre causa penal a Baltar por circular a 215 km por hora
21/11/2023 16:17
O tribunal de Zamora que o debía xulgar inhibiuse na causa cando o expresidente da Deputación de Ourense foi nomeado senador, ao converterse en aforado

O Supremo xulgará o exceso de velocidade de Baltar pola súa condición de aforado
05/10/2023 14:37
O Xulgado do Penal de Zamora, que ata agora levaba a causa contra o expresidente da Deputación de Ourense, inhibiuse en favor do Alto Tribunal, por ser agora senador

07/09/2023 09:47
O tamén alcalde do Pereiro de Aguiar asegura que non tivo dúbidas no momento en que lle propuxeron presidir a institución provincial e renunciar ao cargo de senador
Menor di que hai que "estar agradecidos" con Manuel Cabezas, do que cre que era o mellor candidato a ser alcalde, aínda que entende "que non se vexa cómodo na oposición"

Luís Menor, investido presidente da Deputación de Ourense
17/07/2023 13:15
Obtivo o alcalde do Pereiro de Aguiar os doce votos do seu partido, o PP
Manuel Baltar presentou hoxe a solicitude para poder reincorporarse á súa praza como alto funcionario da Xunta

Baltar tampouco optará a repetir como presidente do Partido Popular de Ourense
15/06/2023 16:01
O seu sucesor elixirase nun congreso provincial do PP, "haberá outros candidatos e os compañeiros terán que decidir", di Alfonso Rueda, que tamén asegura que non vai ser "inmediato"

Baltar renuncia a presidir a Deputación de Ourense: "Non é unha cuestión de nomes"
14/06/2023 13:18
O aínda presidente provincial anunciou este mércores a súa intención de non tomar posesión como concelleiro en Esgos, o que na práctica supón que non pode ser reelixido na Deputación

O PSOE provincial de Ourense quere negociar con Jácome apartar a Baltar da Deputación
31/05/2023 12:24
A executiva provincial do PSOE de Ourense acordou explorar esta posibilidade de acordo
Desde o PSdeG desbotan "negociar nada con Jácome" e din que o marco para establecer pactos é potestade do partido en Galicia

Suspendido o xuízo a Baltar pola folga da Administración de Xustiza e sen nova data
31/05/2023 08:50
Baltar estaba citado hoxe a declarar nos xulgados de Zamora
A Fiscalía pediu para el 1.800 euros de sanción penal e un ano e un día de retirada do carné de conducir

Baltar foi detectado a 173 km/h na A-52 pouco antes da súa sanción por circular a 215
22/05/2023 12:10
Con menos dunha hora de diferenza, o coche oficial do presidente da Deputación de Ourense pasou con exceso de velocidade a carón dun radar fixo en Allariz e por diante doutro da Garda Civil na provincia de Zamora
Baltar di que descoñece esa segunda sanción e que non lle foi notificada nin a el nin á Deputación

Baltar comparece finalmente e alega que o seu caso quedou resolto pola vía administrativa
11/05/2023 14:43
Ao non compartir a súa tese coa acusación e a da Fiscalía, será xulgado o próximo 31 de maio
O defensa do presidente da Deputación de Ourense anuncia recurso disconforme con que continúe o procedemento
A Fiscalía solicita a retirada do permiso de conducir para Xosé Manuel Baltar

O xulgado da Pobra de Seabra celebra este xoves a vista contra Baltar por ir a 215 km/h
10/05/2023 12:37
O xuízo non puido celebrarse este martes pola incomparecencia do avogado do presidente da Deputación de Ourense

10/05/2023 08:55
O presidente da Xunta lembra que xa dixo que "o de Baltar era unha conduta inadecuada"
O xulgado da Pobra de Seabra celebra este xoves a vista contra Baltar por ir a 215 km/h

Baltar desbota dimitir e reitera que foi un erro illado e que pagou a multa sen alegacións
28/04/2023 20:50
A preguntas dos grupos da oposición, Xosé Manuel Baltar explicou que viaxaba só no vehículo e que se desprazaba a Madrid por motivos de traballo
PSOE e BNG piden un pleno urxente ao ver "insuficiente" a súa explicación

Baltar pide desculpas por circular a 215 km/h e atribúeo a un "descoido"
27/04/2023 12:44
"Lamento profundamente este erro illado", explicita o presdiente da Deputación de Ourense nunha carta, onde informa que cumpriu co pago da sanción administrativa

26/04/2023 19:00
O presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial foi sorprendido a pasada fin de semana en Zamora circulando a 215 quilómetros por hora na A-52
O político ourensán foi sancionado cunha multa de 600 euros e seis puntos do carné

Multan a Baltar por circular a 215 km/h nun coche da Deputación de Ourense
26/04/2023 08:24
Foi na fin de semana, na A-52, á altura de Zamora, cando viaxaba a Madrid

Montse Lama devolve aos populares a maioría na Deputación de Ourense
01/08/2022 09:18
Decidiu dar o paso de volver ao PP, partido ao que estivo afiliada exercendo como deputada provincial ata o 2019

Baltar di que o PPdeG dá con Rueda unha lección de transición unitaria
23/04/2022 13:21

Baltar descarta que opte a un posto como conselleiro na próxima etapa da Xunta
14/04/2022 19:34
Baltar defendeu a idoneidade de Alfonso Rueda como sucesor de Núñez Feijóo
O presidente do PP de Ourense negou que houbese discusións ou tensións internas

Baltar descarta optar á sucesión de Feijóo e apoia unha vía de "unidade" encabezada por Rueda
12/04/2022 17:20
"Bicefalias mellor non; se se poden evitar, mellor", di o líder do PPdeG en Ourense

Alcaldes do PP denuncian en Bruxelas o "uso partidista" dos fondos europeos
09/02/2022 16:09
Baltar pide que se teña en conta o despoboamento na repartición dos cartos da UE