Contido coa etiqueta .
Oriol Junqueras

Puigdemont e Junqueras inician unha etapa de desxeo para impulsar "obxectivos compartidos"
16/01/2025 12:54
O presidente de Junts e o líder de ERC mantiveron unha reunión de traballo en Waterloo

Junqueras dille ao PSOE que non negociará nada máis ata que Cataluña teña novo financiamento
11/01/2025 17:17
O líder de ERC instou o PSC e o PSOE a demostrar a súa vontade de cumprir os acordos xa subscritos se queren chegar a novos pactos

Sánchez confirma que se reunirá con Puigdemont e Junqueras
23/12/2024 13:40
A data do encontro non foi concretada
O presidente do Goberno necesita os votos de Junts e de ERC para sacar adiante os orzamentos xerais do Estado de 2025
Sánchez non condiciona a reunión a que o expresident sexa previamente amnistiado

Junqueras tende a man aos adversarios internos e urxe ao PSOE a cumprir o pactado
14/12/2024 22:02
Oriol Juqueras revalida a presidencia de ERC tras 13 anos ao fronte do partido
Os militantes elixírono co 52 % dos votos fronte a candidatura de Xavier Godás

A militancia de ERC vota este sábado en primeira volta a nova dirección do partido
30/11/2024 10:01
A priori parte con vantaxe Militància Decidim, con Oriol Junqueras á cabeza

Tres candidaturas disputarán o liderado de ERC, con Junqueras como favorito
15/11/2024 18:17
As eleccións internas do partido celebraranse o próximo 30 de novembro
A lista do que xa fora presidente do partido conseguiu 2.577, polos 1.500 de Xavier Godàs e os 500 de Helena Solà

A Fiscalía pide ao Supremo amnistiar o 'procés' e retirar a orde de arresto a Puigdemont
19/06/2024 13:50
O ministerio público solicita que declare amnistiados todos os delitos que se lle atribúen aos líderes independentistas implicados no procés
A Fiscalía solicita a amnistía para 50 policías investigados pola súa actuación o 1-O

As comunidades gobernadas polo PP recorrerán a lei de amnistía ante o Tribunal Constitucional
30/05/2024 15:02
O ministro de Xustiza cre que a norma é legal porque "repecta a separación de poderes"
Os partidos independentistas instan os xuíces a aplicala de inmediato aínda que asumen que atoparán atrancos

Sánchez cre que a vitoria de Illa abre "un tempo novo" en Cataluña
16/05/2024 14:56
Primeira valoración do presidente do Goberno dos resultados electorais

Junqueras postúlase para revalidar o liderado de ERC tras o trompazo electoral
14/05/2024 16:14
Polo momento o dirixente non pode ocupar ningún cargo público nin presentarse a unhas eleccións, ata que a amnistía sexa efectiva
Busca renovar o seu cargo tras os malos resultados nas elección e a dimisión de Aragonès

Aragonès liga a duración da lexislatura aos acordos sobre financiamento e plurinacionalidade
10/03/2024 20:47
O presidente da Generalitat di que o Goberno de Sánchez podería durar catro anos se cumpre cos pactos de investidura
Oriol Junqueras culpa a Junts da demora de dous meses no acordo da amnistía

Aragonès será o candidato de ERC co obxectivo dun novo referendo
20/01/2024 15:27
Pere Aragonès optará de novo á Generalitat e Oriol Junqueras quedará co control do aparato do partido

ERC avalará a Aragonés como o seu candidato á Generalitat o vindeiro sábado
18/01/2024 19:00
Oriol Junqueras aínda está inhabilitado ata 2031, á espera da aprobación da lei de amnistía

Junqueras asegura que a presidenta de Junts non debe ser beneficiada pola amnistía
12/11/2023 22:51
O líder de ERC asegura: "A lexislatura terá continuidade se se cumpren os pactos"
Junqueras asegurou que a achega do seu partido é "boa en moitos ámbitos"

Junqueras di que o Goberno ten que "mellorar a democracia" para que ERC apoie a investidura
26/10/2023 20:41
O líder de Esquerra Republicana de Catalunya pide que a sociedade catalá poida votar para decidir o seu futuro

11/10/2023 11:17
Fontes do PSOE e de ERC informaron desa conversación, que ambas as partes consideraron como unha "mostra de respecto mutuo, cordialidade e normalidade política"
Expuxo, así mesmo, o seu proxecto para o próximos catro anos e foi nese contexto cando resaltou a necesidade de alcanzar un acordo de avances e estabilidade para este período

28/09/2023 19:13
O PSOE e o PSC reiteran a súa aposta polo diálogo "sempre dentro da Constitución"

Pedro Sánchez: "Haberá goberno progresista dentro de pouco"
28/09/2023 15:00
PSOE e Sumar amósanse confiados en reeditar a coalición
ERC mete presión coa amnistía e a celebración dun referendo en Cataluña

Sánchez evita desmentir que a amnistía xa está pactada cos independentistas
20/09/2023 20:40
Junqueras fala xa de referendo de autodeterminación e insiste en que a amnistía está conseguida
Junts presiona o PSOE con novas esixencias económicas
Alfonso Guerra pídelle a Sánchez que non ceda ante os independentistas

ERC insiste en que a amnistía xa está pactada co PSOE
20/09/2023 14:56
Os socialistas aseguran que o acordo para a Mesa do Congreso non inclúe a amnistía
Yolanda Díaz reunirase cos axentes sociais de Cataluña tras a investidura de Núñez Feijóo

Sánchez di que falará claro sobre a amnistía cando sexa candidato á presidencia
19/09/2023 20:32
Oriol Junqueras asegura que o PSOE xa pactou a amnistía en agosto, algo que negan desde o Goberno en funcións
Pedro Sánchez tamén asegurou que non prevé unha repetición electoral

Junqueras dá por pactada a amnistía co PSOE
19/09/2023 14:51
O líder de ERC afirma que xa está incluída no acordo para a constitución da Mesa do Congreso que asinaron o mes pasado
Ministros socialistas aseguran descoñecer tal pacto sobre a amnistía

Junqueras di que a amnistía e o referendo son imprescindibles para unha negociación de investidura
03/09/2023 14:14
O líder de ERC sostén que a amnistía só é "o punto inicial" e que o referendo forma parte tamén das condicións
Desde o PP aseguran que a Sánchez non lle preocupan a unidade de España nin a gobernabilidade con tal de seguir no poder

O Supremo mantén a inhabilitación de Junqueras ata 2031 malia a reforma da sedición
13/02/2023 12:03
A defensa de Junqueras estuda pedir a nulidade da revisión da condena antes de acudir ao Constitucional
Non poderá presentarse as eleccións de 2025
A Sala do Penal do alto tribual condena o exvicepresidente catalán por un delito de desobediencia en concurso con malversación

A Fiscalía pide ao TS que manteña os 13 anos de inhabilitación para Junqueras
25/01/2023 13:05
A Fiscalía tamén solicita que se manteñan as penas de 12 anos para os tres exconselleiros polo proceso independentista de 2017
A Fiscalía admite que a reforma penal obriga a rebaixar as dos cinco acusados que só foron condenados por sedición

Oriol Junqueras mantén vivo o 'procés': "A sociedade catalá debe decidir o seu futuro votando"
21/12/2022 20:35
O presidente de Esquerra Republicana incidiu en que o referendo non é un delito
Asegurou que o ideal é unha convivencia pacífica entre España e Cataluña porque iso sería bo para todas as partes

Junqueras cre que sería inxusto castigar os líderes do "procés" con catro anos por malversación
11/12/2022 20:23
O líder de ERC pediu ás forzas independentistas xenerosidade e deixar de pensar en intereses particulares