Publicador de contidos

Publicador de contidos

Junqueras tende a man aos adversarios internos e urxe ao PSOE a cumprir o pactado

Junqueras tende a man aos adversarios internos e urxe ao PSOE a cumprir o pactado

Oriol Juqueras revalida a presidencia de ERC tras 13 anos ao fronte do partido

Os militantes elixírono co 52 % dos votos fronte a candidatura de Xavier Godás

Conferencia de prensa da nova executiva de ERC, este sábado
G24.gal 14/12/2024 22:02 Última actualización 15/12/2024 11:35

Esquerra Republicana de Cataluña xa ten nova directiva. Oriol Juqueras revalida a presidencia tras 13 anos ao fronte do partido. Os militantes elexírono co 52 % dos votos fronte a candidatura de Xavier Godás, afín a Marta Rovira e Pere Aragonés.

A nova executiva ten por diante dúas tarefas. A primeira, reconstruír o partido que quedou dividido en dous, e a segunda, negociar co PSOE a aprobación dos presupostos.

Junqueras tende a man aos seus adversarios internos e urxe o PSOE a cumprir o pactado

Nunha mensaxe interna, tras unha campaña chea de reproches, Junqueras dixo que "só hai un partido, que é ERC, e só hai un país, que é Cataluña".

"Non hai lugar para nada máis que non sexa a vontade do partido para servir a Cataluña", asegurou, e agregou que hoxe comeza a andar "unha nova ERC".

Apuntou Junqueras que as conversacións que mantivo con Godàs e coa líder de Foc Nou -lista que quedou descabalgada da segunda rolda-, Helena Solà, sempre foron "agradables e construtivas" en privado, de modo que espera que esta actitude a manteñan tamén en público.

"Estou convencido de que todo o mundo contribuirá a recoser o partido", engadiu Junqueras antes de citar algúns ámbitos concretos nos que pediu a colaboración dos seus adversarios: a "comisión da verdade" que propuxo para esclarecer casos como o dos carteis denigratorios contra os irmáns Maragall ou o relatorio político que haberá que redactar nos próximos meses, co horizonte posto en 2031.

O renovado presidente do partido mostrou a súa disposición a que "moita máis xente seincorpore a ERC", porque "nunca seremos suficientes", dixo.

Ao preguntarlle sobre a súa postura sobre a negociación dos orzamentos cataláns e estatais, Junqueras remarcou a mensaxe que foi lanzando durante as últimas semanas: 

"É imposible que exista unha proposta orzamentaria o suficientemente boa, que sexa a que Cataluña necesita e merece, se os socialistas non cumpren con todos os compromisos xa adquiridos".

Engadiu Junqueras que se non o fan, non haberá novos pactos

Godàs avisa de que ERC está dividida e pide "respecto" para os cargos que lle apoiaron

 O candidato de Nova Esquerra Nacional á presidencia de ERC, Xavier Godàs, perdedor das eleccións internas fronte a Oriol Junqueras, avisou este sábado de que o partido está "dividido" e instou á nova dirección a "respectar" aos cargos institucionais que lle apoiaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade