Contido coa etiqueta .
Rishi Sunak

Sunak deixará de liderar os conservadores: "Síntoo por non cumprir co que merecían"
05/07/2024 11:57
Na súa despedida como primeiro ministro británico subliñou que o pobo británico "enviou unha mensaxe clara: o Goberno debe cambiar"
Sunak deixará de encabezar o Partido Conservador cando elixan o seu sucesor

05/07/2024 06:20
O xa mandatario electo di que o cambio comeza agora e marca como obxectivo prioritario recuperar a confianza da cidadanía
Sunak deixará de liderar os conservadores: "Síntoo por non cumprir co que merecían"

04/07/2024 23:30
Se se confirman as sondaxes a pé de urna, Starmer converterase este venres no primeiro ministro británico tras 14 anos de Goberno conservador, cunha cómoda maioría, de 410 deputados (dos 650 da Cámara dos Comúns)
O Partido Conservador do primeiro ministro Rishi Sunak sofre a peor derrota da súa historia ao quedar con 131 asentos

Sunak asume a derrota e chama os británicos a "deter unha supermaioría laborista"
04/07/2024 11:11
O líder laborista, Keir Starmer, pídelle ao electorado que aposte polo cambio
.jpg)
Albíscase un cambio de ciclo nas eleccións lexislativas deste xoves no Reino Unido
03/07/2024 12:22
Os laboristas prepáranse para reconquistar Downing Street despois de 14 anos de gobernos conservadores
Keir Starmer podería arrebatarlle o poder ao actual primeiro ministro Rishi Sunak, moi tocado por unha economía en declive debido ao brexit, a covid e a guerra de Ucraína

O presidente dos 'tories' confía na continuidade de Sunak pese ao forte pau electoral
03/05/2024 09:53
O presidente do Partido Conservador Richard Holden vaticinou "uns cantos días duros" ante os primeiros resultados dos comicios municipais en Inglaterra
Os resultados iniciais declarados deses comicios celebrados onte en Inglaterra e Gales están a supoñer un forte pau para os conservadores, que ata o de agora perderon 122 concelleiros
O xefe da oposición no Reino Unido, o laborista Keir Starmer, instou este venres ao primeiro ministro, Rishi Sunak, a convocar de inmediato eleccións xerais que permitan ao país "pasar páxina"

O Goberno británico saca adiante o seu plan de deportacións a Ruanda tras a luz verde do Parlamento
23/04/2024 12:16
Está previsto que os voos coas deportacións a Ruanda empecen a despegar en 10 a 12 semanas, segundo cálculos das autoridades británicas
Para a ONU, a nova lei tamén terá repercusións moi negativas "na repartición de responsabilidades a escala mundial, nos dereitos humanos e na protección dos refuxiados"

Os conservadores de Sunak perden dous escanos nunhas eleccións parciais en Inglaterra
16/02/2024 09:23
As dúas vitorias laboristas en senllas circunscricións consolidan a formación de Keir Starmer como favorita para gañar as próximas eleccións lexislativas no Reino Unido
Os escanos quedaran vacantes tras a renuncia dos deputados conservadores

Os hutís prometen vinganza tras os bombardeos dos EUA e do Reino Unido
12/01/2024 18:41
5 mortos e 73 obxectivos alcanzados tras a operación aérea
Washington e Londres responden aos ataques hutís dos últimos meses no mar Vermello

O Reino Unido, Italia e Albania únense para combater a inmigración ilegal
16/12/2023 18:52
Os xefes de goberno "acordaron intensificar a actividade conxunta" contra as bandas de tráfico de persoas
O Reino Unido participará no Proceso de Roma, que quere deter a inmigración ilegal abordando as causas na orixe
Sunak e Meloni reafirmaron o seu apoio "inquebrantable" a Ucraína

O Goberno británico baixará os impostos a poucos meses das eleccións
22/11/2023 16:49
O plan fiscal británico inclúe a subida do salario mínimo ou a baixada da contribución dos traballadores á Seguridade Social
.png)
Sunak destitúe a ministra do Interior e recupera a Cameron para Exteriores
13/11/2023 10:15
O xefe do Goberno cesou a Braverman, quen acusou a policía de "dobre vara de medir" e de favorecer os manifestantes propalestinos
O nomeamento de Cameron, que dimitiu en xuño de 2016 como primeiro ministro tras perder o referendo do brexit, causou enorme sorpresa en medios de comunicación e analistas do Reino Unido

Detidos dous presuntos espías no Parlamento británico: A China nega calquera implicación
11/09/2023 12:11
O primeiro ministro británico trasladoulle ao Goberno de Pequín a súa "profunda preocupación" pola posible inxerencia chinesa en Westminster

Biden e Sunak abordan en Londres a evolución da contraofensiva en Ucraína
10/07/2023 16:09
O presidente dos Estados Unidos reuniuse despois co rei Carlos III para abordar a crise climática

Sánchez e Sunak apostan por pechar "canto antes" un acordo sobre Xibraltar
04/05/2023 19:27
Ambos os líderes mantiveron unha conversa telefónica a petición do primeiro ministro británico
Tamén falaron da colaboración bilateral en ámbitos como a economía, a seguridade ou a inmigración

O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, recibe o rei Carlos III
02/05/2023 19:51
Máis de 600 parlamentarios de ambas cámaras británicas reuníronse na antesala do palacio para recibir o rei

O Goberno británico expulsará os sen papeis e prohibiralles regresar ao Reino Unido
07/03/2023 08:59
As persoas que entren ilegalmente no país non terán dereito a solicitar asilo político
O proxecto de lei será presentado este martes no Parlamento

A UE e o Reino Unido alcanzan un acordo sobre Irlanda do Norte
27/02/2023 16:15
Elimínanse os controis fronteirizos entre Irlanda do Norte e Gran Bretaña para os bens destinados só á provincia británica
O Parlamento autónomo de Belfast poderá aplicar "un freo de emerxencia fronte a calquera cambio nas normas que introduza a Unión Europea
O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, avanza que someterá o pacto a votación no Parlamento

O Reino Unido e Bruxelas, a punto de pechar un novo acordo para Irlanda do Norte
26/02/2023 21:54
A presidenta da Comisión Europea viaxa a Londres este luns para reunirse co primeiro ministro británico, que se prepara para o desafío dos euroescépticos conservadores
Von der Leyen e Sunak acordaron traballar en persoa para "lograr solucións compartidas e prácticas" no protocolo irlandés

Sunak destitúe o presidente do Partido Conservador e ministro Nadhim Zahawi
29/01/2023 20:17
Segundo o líder británico, o dirixente destituído violou o código ético do Goberno

O Reino Unido sobe impostos a cidadáns e empresas para reducir a débeda
17/11/2022 14:41
Trátase dun plan fiscal oposto ao que fixo caer o anteiror exectivo de Liz Truss

Sunak asume o cargo e avisa dunha "profunda crise" e de "decisións difíciles"
25/10/2022 11:24
O líder conservador recibiu o encargo por parte do rei Carlos III, a quen antes Lizz Truss presentou formalmente a súa dimisión
O novo primeiro ministro non dubidou en sinalar os erros da súa antecesora
Jeremy Hunt seguirá á fronte da carteira de Economía