Contido coa etiqueta .
Trens Avril

Os trens Avril volven á circulación tras arranxar Talgo a avaría informática
02/01/2025 08:10
Os primeiros trens Avlo e AVE que circularon en Galicia este xoves fixérono xa con total normalidade
Renfe cifra nun millón o custe da incidencia e non descarta penalizacións

01/01/2025 12:16
Renfe informa de que están recolocando a todos os viaxeiros noutros medios alternativos, pero hai atrasos dunha hora entre Galicia e Madrid
Talgo di que a incidencia que deixou todos os Avril inoperativos se debe a un fallo de comunicación entre o sistema de control e os cargadores de baterías dos trens

Renfe executa unha sanción de 116 millóns de euros a Talgo polo atraso dos trens Avril
04/12/2024 22:02
A sanción supón ata o 20 % do custo de 600 millóns da construción dos 30 Avril encargados por Renfe a Talgo

Óscar Puente defende que a puntualidade dos novos trens Avril xa mellorou ata o 79 %
13/11/2024 18:18
O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible di que o funcionamento mellorou despois de que tanto Talgo coma Renfe "cargaran as pilas"
Avanzou que en 2024 haberá menos incidencias que en 2023

Dous trens Avril substitúen dous Alvia no corredor Madrid-Galicia
05/11/2024 09:29
A modificación supón incrementar 2.500 prazas, así, a oferta semanal neste traxecto será de case 54.000 asentos e tamén se reduce o tempo da viaxe

Renfe substitúe dous servizos de Alvia por Avril na liña Vigo-Madrid a partir do 5 de novembro
16/10/2024 11:48
Trátase dun traxecto con saída desde Vigo na mañá e outro de regreso á cidade olívica pola tarde, que gañan prazas e reducen o tempo de viaxe con este cambio

O Parlamento de Galicia reproba a Puente coa abstención do PSdeG
11/09/2024 12:40
PPdeG, BNG e Democracia Ourensá reproban o ministro de Transportes Óscar Puente por non asumir o “caos ferroviario” que se rexistrou en Galicia este verán

29/08/2024 10:28
O ministro descarta dimitir, como lle reclamaban PP e Vox, polas incidencias na rede ferroviaria durante o verán

Nova xornada de incidencias, cun atraso de case dúas horas nun tren Avlo na liña Madrid-Galicia
24/08/2024 22:55
O convoi de baixo custo de Renfe quedou parado a 15 quilometros de Ourense
Aos viaxeiros explicáronlles que se trataba dun problema no pantógrafo, algo xa habitual neste modelo de Talgo dos Avril-106

Pequenos atrasos este sábado no eixe ferroviario atlántico de Galicia
24/08/2024 13:47
Os problemas máis graves estanse a dar na longa distancia, nas conexións con Madrid

Puente apunta a Talgo e ás obras para explicar as incidencias na rede ferroviaria
23/08/2024 09:12
O ministro de Transportes asegura que só lle faltou escoitar "que con Franco os trens ían mellor"
A maior parte das incidencias están protagonizados polos novos Talgo S0106, os trens Avril, que entraron en funcionamento a finais de maio
O 80 % dos Avril tiveron retrasos no mes de agosto, fronte ao 25 % da media das viaxes que fai Renfe

Renfe reforza con dous dos seus directores o mantemento dos novos trens de Talgo
14/08/2024 20:24
Pasaran a traballar en Tarvia, empresa conxunta entre Renfe e Talgo, co obxectivo de acelerar as reparacións e evitar incidencias

Óscar Puente, sobre os Avril: "Talgo puxo as pilas ante as incidencias"
12/08/2024 11:14
O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible asegura que desde que o seu departamento sinalou a responsabilidade do fabricante dos trens, esta tomou medidas para solucionar os problemas
Puente di que "está desexando" comparecer no Congreso para dar explicacións sobre a situación da rede ferroviaria e que manter o compromiso de puntualidade é un "suicidio económico"
.png)
11/08/2024 09:30
Desde a entrada en servizo dos novos trens de Talgo as continuas avarías tombaron a puntualidade no conxunto de España e demoraron seis de cada 10 viaxes
Ante as queixas dos usuarios, Renfe prepara un protocolo para evitar motíns ante as deficiencias nos sistemas de aire acondicionado e climatización nalgunhas unidades

Nova xornada de atrasos e incidencias nas estacións de tren galegas
09/08/2024 14:58
Os atrasos dos trens Avril tamén afectan os viaxeiros de media distancia
Desde xullo Renfe só indemniza os atrasos de máis dunha hora na alta velocidade

Renfe pedirá compensacións económicas a Talgo polas "graves incidencias" nos Avril
06/08/2024 12:54
A operadora ferroviaria anuncia accións xudiciais, que se sumarán ás indemnizacións solicitadas polos atrasos na entrega dos trens

Problemas técnicos no AVE galego obrigan a utilizar o Avlo por terceira xornada seguida
14/07/2024 10:12
Algúns viaxeiros xa presentaron as primeiras reclamacións por pagar traxectos en Preferente e viaxar en low cost

Galicia afronta a primeira temporada do verán co servizo do AVE completado
02/06/2024 14:54
Tras dúas semanas en funcionamento, os trens Avril rozan o cen por cento de ocupación
Comprar un billete dun día para outro pode ser complidado

Moitos viaxeiros seguen a usar o avión para ir a Madrid ante a falta de prazas nos Avril
02/06/2024 14:04
Outros pasaxeiros prefiren coller un voo porque lles resulta, segundo din, "máis cómodo, máis rápido e máis operativo"

Unhas 17.000 persoas viaxaron nos AVE Avril que conectan Galicia con Madrid na súa primeira semana
29/05/2024 18:51
En toda España, máis de 100.000 viaxeiros utilizaron os novos trens
En Galicia tiveron unha estrea marcada polos atrasos
.png)
O segundo AVE de Vigo cara a Madrid sae con case trinta minutos de atraso
22/05/2024 10:09
Ao parecer, o motivo deste atraso foi que non pechaba unha das portas do tren
Renfe subliñou que se mantén o seu compromiso de puntualidade, polo que se establecen distintas compensacións aos usuarios
Rueda dá "un voto de confianza" á alta velocidade e espera que cumpran os compromisos

Unha avaría eléctrica ensombrece a primeira viaxe en AVE dende Galicia
21/05/2024 12:17
O tren, que saíu de Vigo minutos antes das 09:30 horas, quedou parado a escasos metros da estación de Ourense
Os novos trens comezan a circular despois de tres anos de espera
Atrasos no Alvia e nos Avant por unha avaría que cortou a vía entre Ourense e Santiago

21/05/2024 10:54
O xerente do clúster, Iago Domínguez, cre que o plan de Goberno sobre o corredor atlántico "só busca chegar aos mínimos que marca Europa na conectividade ferroviaria"
Domínguez considera que Galicia debe aspirar a que o transporte de mercadorías por tren represente un 8 % dentro de dez anos, o dobre que agora
Afirma que "hai moitas cousas que facer" nas conexións con Portugal e avoga por unha actuación conxunta para modernizar esa infraestrutura

Os Avril estenden desde este martes a alta velocidade en Galicia
19/05/2024 16:32
A viaxe á Coruña queda nas tres horas e media e a Vigo en pouco máis de catro
Haberá catro frecuencias diarias, dúas por sentido, entre Madrid-Vigo e Madrid-A Coruña, con paradas en Pontevedra, Vilagarcía e Santiago
Rueda reunirase o xoves co ministro de Infraestruturas luso polo AVE Lisboa-Vigo

O plan do Corredor Atlántico prevé máis de 4.500 millóns de euros para Galicia ata 2030
16/05/2024 15:35
Así o anunciou o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente
Destinaranse 3.555 millóns no ámbito ferroviario, 801 en infraestruturas viarias e 293 en portos
Alfonso Rueda avogou por deixar de lado as ideoloxías para conseguir melloras que beneficien a todos

Puente di que Galicia gañará frecuencias e prazas cos Avril e que Avlo chegará "xa"
16/05/2024 10:58
O ministro Óscar Puente realizou a ruta de simulación de viaxe comercial desde Madrid ata A Coruña, á que se sumou en Santiago Alfonso Rueda
Ata o 21 de xullo haberá dúas conexións de ida e volta con Madrid, unha desde A Coruña e outra desde Vigo, feitas cos Avril
Xa a primeiros de outubro todos os servizos, doce conexións de ida e volta, serán con estes trens, cun Avlo por sentido a Vigo e á Coruña

Puente viaxa este xoves a Galicia nas probas do tren Avril de alta velocidade
15/05/2024 20:37
Os novos convois ofrecerán máis prazas a novos destinos como Oviedo, Xixón, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa

06/05/2024 14:23
Propoñen a Renfe aproveitar os trens de alta velocidade para cubrir prazas nas viaxes de media distancia

Chega a Vigo o primeiro tren Avril de alta velocidade nunha viaxe de proba
28/04/2024 08:23
A posta en funcionamento dos convois de alta velocidade está prevista para o próximo 21 de maio
A viaxe dende Madrid durou algo máis de catro horas e media, un recorte de quince minutos

A entrada en servizo dos Avril permitirá rorganizar o mapa ferroviario de nove comunidades
19/04/2024 14:27
Óscar Puente non detalla o número de trens nin as prazas que se destinarán a Galicia

Os trens Avril arrasan en Galicia: máis de 13.000 billetes vendidos en menos de 24 horas
18/04/2024 21:14
Entre Galicia e Asturias vendéronse case 23.000

Saen á venda dende 18 euros os billetes dos trens Avril
17/04/2024 16:14
Para celebrar a posta en servizo dos S106, Renfe lanza 33.000 billetes con prezos reducidos para os novos servizos AVE entre Galicia e Madrid

Óscar Puente ratifica que o 21 de maio estarán operativos os trens Avril
13/04/2024 17:02
O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible asegura que se van dobrar as prazas actuais en Galicia

Renfe recibiu os dez primeiros trens Avril que operarán en Galicia e Asturias
11/04/2024 14:13
Renfe reclama a Talgo unha indemnización de 166,6 millóns de euros polos tres anos de atraso na entrega
Os novos modelos comezarán a operar o 21 de maio e os billetes están disponibles desde o 18 de abril

Nas estacións galegas aplauden a chegada dos trens Avril
06/04/2024 16:38
Os primeiros convois chegarán como moi tarde o vindeiro 21 de maio
A venda de billetes da conexión con Madrid comeza o 18 de abril

Renfe prevé que os Avril comecen a operar en Galicia "como tarde" o 21 de maio
05/04/2024 14:54
A venda de billetes para estes convois comezará o 18 de abril

Rueda pídelle ao Goberno que concrete o número de prazas e de trens Avril para Galicia
02/04/2024 15:06
O presidente da Xunta en funcións acusa o Ministro de Transportes de falta de respecto coa nosa comunidade

Talgo entregará os primeiros Avril o día 8
01/04/2024 10:37
Puente di que "en cuestión de días ou, como moito, de semanas" comezarán a operar en Galicia, pero evitou dar unha data exacta polos incumprimentos anteriores de Talgo

Nova xornada de protesta dos usuarios de Renfe pola compra de billete rebaixados
12/03/2024 14:40
Repítense os problemas para mercar os billetes de tren a Madrid a 25 euros

Renfe acudirá á vía xudicial para reclamar máis diñeiro a Talgo polos atrasos dos Avril
12/03/2024 11:56
O presidente do operador ferroviario admite a relación "complicada" pola que están a pasar ambas as empresas