Cargando resultados...
Nova xornada de protesta dos usuarios de Renfe pola compra de billete rebaixados
Repítense os problemas para mercar os billetes de tren a Madrid a 25 euros
G24.gal
12/03/2024 14:40
A xornada arrancou para moitos usuarios de Renfe diante do ordenador e ás veces cunha cola virtual desesperante para conseguir algún dos billetes en tren a 25 euros que Renfe oferta
Houbo ringleiras ás portas dos despachos de billetes. Non foron moitos os afortunados que xa teñen no seu poder o tan ansiado billete.
Para os que desta volta non tiveron sorte serán as 2.000 as prazas semanais que se oferten en Galicia, para viaxar entre o 1 de abril e o 6 de maio.