Contido coa etiqueta .
Ursula Von Der Leyen

Ribera presidirá a vindeira reunión de comisarios por mor da enfermidade de Von der Leyen
13/01/2025 13:33
Está previsto que Von der Leyen recupere a súa axenda externa a finais desta semana
Von der Leyen padece unha pneumonía grave desde principios de ano e foi hospitalizada, pero non estivo conectada a un respirador nin ingresou en coidados intensivos

Von der Leyen desatende o 'non' de Macron e pecha o acordo comercial da UE con Mercosur
06/12/2024 14:11
O presidente francés avisou de que o pacto no seu estado actual "é inaceptable"
O novo marco permitirá, segundo as contas de Bruxelas, aforrar ás empresas europeas uns 4.000 millóns de euros en aranceis cada ano
Luis Planas afirma este xoves que o acordo "será un gran éxito" para o club comunitario

O Parlamento Europeo aproba a nova Comisión Europea de Ursula von der Leyen
27/11/2024 12:29
A nova Comisión Europea obtivo un 51 % de votos a favor dos 719 eurodeputados do hemiciclo comunitario, o resultado máis estreito que obtivo nunca un colexio de comisarios da UE
Ribera, sobre o voto do PP en contra da Comisión Europea: "Retrátanse sós"
Von der Leyen define a Teresa Ribera como unha europea "verdadeira e comprometida"

Von der Leyen define a Teresa Ribera como unha europea "verdadeira e comprometida"
27/11/2024 10:35
A presidenta da Comisión Europea encarga a Ribera que despregue "unha política de competencia moderna"

Sánchez asegura que a negociación para desbloquear o nomeamento de Ribera avanza
19/11/2024 20:50
Non aclara se os socialdemócratas estarían dispostos a apoiar o comisario proposto por Meloni

Sánchez aborda con Von der Leyen como desbloquear o nomeamento de Ribera na Comisión
18/11/2024 20:17
Ambos mantiveron conversas informais aproveitando a asistencia á reunión de líderes do G20
O PP tenta que prospere o veto a Teresa Ribeira ao atribuírlle responsabilidades na traxedia da DINA

Von der Leyen propón abrir "centros de retorno" fóra da UE para os migrantes ilegais
15/10/2024 11:17
A presidenta da CE cre que se deben "extraer leccións" da "experiencia" que aplica Italia, que envía migrantes rescatados no Mediterráneo a centros de detención en Albania
España rexeita a proposta e defende a aplicación "humanitaria e solidaria" do Pacto de Migración e Asilo

O Reino Unido e a Unión Europea acordan fortalecer a súa relación "con ritmo acelerado"
02/10/2024 18:26
Von der Leyen e Starmer acordaron volver reunirse este outono e apuntan a un cumio en xaneiro
Os dous líderes conviñeron "en que unha relación estable, positiva e con visión de futuro" proporciona a "base para unha cooperación a longo prazo"

Teresa Ribera ocupará unha das vicepresidencias executivas na Comisión Europea
17/09/2024 10:30
A vicepresidenta terceira do Goberno español farase cargo da carteira de Transición Limpa, Xusta e Competitiva
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, presentou este martes o novo executivo comunitario no que Ribera deberá "guiar o traballo para asegurar que Europa está no camiño correcto" para cumprir coas súas metas climáticas e "descarbonizar e industrializar" a economía europea ao mesmo tempo

Ursula von der Leyen, reelixida presidenta da Comisión Europea cinco anos máis
18/07/2024 08:54
Von der Leyen anuncia un comisario exclusivo de Pesca e Océanos, un compromiso formulado en Galicia
A actual presidenta da Comisión avanza un plan europeo de vivenda e un comisario para o Mediterráneo
A reelexida presidenta da Comisión propón un orzamento con menos programas e vinculado a reformas

27/06/2024 23:36
Ursula von der Leyen terá un segundo mandato á fronte da Comisión Europea, António Costa será o novo presidente do Consello e a estoniana Kaja Kellas será a xefa da diplomacia comunitaria
Os Vinte e sete non lograron o consenso agardado polo malestar de Meloni e Orbán cos candidatos propostos

Líderes europeos acordan a repartición de altos cargos da UE para Von der Leyen, Costa e Kallas
25/06/2024 15:56
Pedro Sánchez, entre os seis negociadores, xunto aos primeiros ministros de Grecia, Polonia, Alemaña, Francia e Países Baixos
A presidencia do Consello e do Parlamento Europeo estarán divididas en dúas metades de dous anos e medio

Os líderes da UE buscan pechar este luns o reparto da cúpula europea
16/06/2024 19:37
Previsiblemente, Ursula Von der Leyen seguirá á fronte da Comisión Europea
A presidencia do Consello Europeo podería asumila o exprimeiro ministro portugués, o socialista António Costa

Ursula von der Leyen tende a man a socialistas e liberais para unha Europa forte
10/06/2024 14:28
O novo Parlamento Europeo quedará constituído o 16 de xullo
O Parlamento Europeo escórase á dereita, pero resiste a maioría proeuropea

Bruxelas recomenda abrir negociacións de adhesión a UE con Bosnia
12/03/2024 09:49
Hai un ano que a Comisión Europea lle concedeu o estatuto de candidato a ser Estado membro
Segundo Von der Leyen, Bosnia está "a demostrar que pode cumprir cos criterios" comunitarios e coas aspiracións dos seus cidadáns para ser parte da familia europea

A CE proporá compras militares conxuntas como se fixo coas vacinas ou o gas natural
28/02/2024 10:39
"Non hai que esaxerar os riscos de guerra, pero hai que prepararse para eles”, asegurou Von der Leyen
A Comisión estudará facilitar acordos de compra anticipada ás empresas con garantías de pedidos
Von der Leyen anunciou a creación dunha oficina de innovación en defensa en Kiev para aproveitar a experiencia de Ucraína

Zelenski recibe o apoio total da UE no segundo aniversario da guerra
24/02/2024 20:51
Ursula von der Leyen, na compaña doutros líderes, estivo en Kíiv e prometeu axuda sen límite temporal
O presidente de Ucraína dixo que necesita dous anos máis para vencer a Rusia

As potencias occidentais responsabilizan a Rusia da morte de Navalni
16/02/2024 14:33
Os Estados Unidos avalían "diferentes opocións" para responder a este suceso
A Unión Europea e a OTAN sinalan directamente a Vladimir Putin, a quen lle piden explicacións do ocorrido

España e Irlanda esixen a Bruxelas medidas contra Israel ante a situación "insostible" en Gaza
14/02/2024 12:26
Sánchez e o primeiro ministro irlandés pídenlle a Von der Leyen por carta que revise se Israel cumpre o seu acordo de asociación coa UE
Yolanda Díaz viaxará a Palestina convidada polas autoridades locais, segundo informaron fontes do seu departamento

Sánchez e Von der Leyen levan a Mauritania axudas millonarias contra a migración ilegal
08/02/2024 19:08
España comprometeu máis de 300 millóns de euros para o desenvolvemento do país e a Comisión Europea outros 200

Bruxelas retira a redución dos pesticidas nun 50 % e buscará acordar co agro outra proposta
06/02/2024 11:01
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, recoñece o descontento dos agricultores, aos que tratará de implicar nun novo proxecto tendo en conta sempre os obxectivos climáticos e ambientais

Sánchez cualifica de satisfactorios os resultados da presidencia española do Consello da UE
16/12/2023 10:23
En xaneiro pasaralle a vez a Bélxica, tras seis meses de liderado

Bruxelas recomenda iniciar negociacións de adhesión con Ucraína, Moldova e Bosnia
08/11/2023 12:31
"Hoxe é un día histórico", di a presidenta do Executivo comunitario, Ursula von der Leyen

Ucraína, un pouco máis cerca da Unión Europea
04/11/2023 20:18
Von der Leyen eloxia en Kíiv as reformas do país en prol da súa adhesión
Confía en que se completan os cambios pasen á etapa de negociacións

Von der Leyen anuncia en Lampedusa un plan para abordar a crise migratoria
17/09/2023 08:20
En tres días desembarcaron máis de 10.000 persoas de xeito irregular na illa italiana

Von der Leyen alude á "chamada da historia" para acoller a Ucraína e outros países na UE
13/09/2023 16:32
A presidenta da Comisión Europea evitou establecer unha data concreta para a ampliación, pero cre que "debe ser tamén un catalizador do progreso"

Bruxelas ábrese a rebaixar a protección do lobo porque certas mandas son un "perigo"
04/09/2023 13:16
A Comisión Europea habilitou un sistema para que as partes interesadas poidan presentar antes do 22 de setembro datos actualizados "sobre a poboación de lobos e os seus impactos"

A UE investirá 35.000 millóns de euros en América Latina e o Caribe
17/07/2023 11:41
Von der Leyen di que Europa aspira a ser "socio preferente" da rexión

Sánchez garántelle á Comisión que España cumprirá co seu deber durante a presidencia
03/07/2023 15:59
Von der Leyen conta coa "dedicación" e o "liderado" de España

Von der Leyen chega a Kíiv tras unha noite de lanzamento de mísiles rusos sobre a capital
09/05/2023 08:45
Ursula von der Leyen di estar a facer unha visita "simbólica" por coincidir co Día de Europa e "moi práctica" para o inicio das negociacións de adhesión de Ucraína á UE e falar da aplicación "estrita" das sancións contra Rusia
A aviación rusa lanzou a pasada noite "unha quincena" de mísiles de cruceiro contra Kíiv que foron interceptados polas defensas aéreas ucraínas
Ademáis, o Estado Maior do exército ucraíno rexeitou este martes os rumores sobre posibles ataques contra os desfiles cos que hoxe Rusia celebra a vitoria contra o nazismo

Macron visita A China para reiniciar as súas relacións co xigante asiático
05/04/2023 07:51
A guerra de Ucraína e o posible apoio militar da China a Rusia centrarán o encontro
Macron destacou a oposición chinesa ao uso de armas nucleares

Suspéndese a reunión deste luns entre Rueda e Von der Leyen
26/03/2023 18:25
A presidenta da Comisión Europea anula o encontro por "problemas imprevistos na súa axenda"

Pesca, fondos europeos e tren; principais temas do encontro entre Rueda e Von der Leyen
20/03/2023 14:39
O presidente da Xunta cualifícaos como asuntos "fundamentais" para Galicia, en que a UE "ten moito que dicir"

Rueda reúnese coa presidenta da Comisión Europea o próximo 27 de marzo en Bruxelas
19/03/2023 12:27
Úrsula von der Leyen recibirá o presidente da Xunta para tratar asuntos prioritarios para o presente e o futuro de Galicia
Será o primeiro presidente dunha comunidade autónoma española que manteña un encontro institucional coa máxima representante dunha das principais institucións da Unión Europea

Os EUA e a UE acordan negociar sobre vehículos eléctricos e subsidios verdes
11/03/2023 08:45
Ambas as dúas potencias van pechar un acordo comercial para favorecer as empresas europeas de coches enchufables

Von der Leyen mantén conversas "construtivas" con Alemaña sobre a fin dos motores de combustión
05/03/2023 21:03
A presidenta da Comisión Europea participou hoxe nunha reunión do goberno alemán
Scholz afirma que o desacordo non é de contido e polo tanto é solucionable

A UE e o Reino Unido alcanzan un acordo sobre Irlanda do Norte
27/02/2023 16:15
Elimínanse os controis fronteirizos entre Irlanda do Norte e Gran Bretaña para os bens destinados só á provincia británica
O Parlamento autónomo de Belfast poderá aplicar "un freo de emerxencia fronte a calquera cambio nas normas que introduza a Unión Europea
O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, avanza que someterá o pacto a votación no Parlamento

O Reino Unido e Bruxelas, a punto de pechar un novo acordo para Irlanda do Norte
26/02/2023 21:54
A presidenta da Comisión Europea viaxa a Londres este luns para reunirse co primeiro ministro británico, que se prepara para o desafío dos euroescépticos conservadores
Von der Leyen e Sunak acordaron traballar en persoa para "lograr solucións compartidas e prácticas" no protocolo irlandés

A UE adopta o décimo paquete de sancións contra Rusia
25/02/2023 12:55
Mantense o veto á exportación de tecnoloxía de uso militar e sanciónanse empresas iranianas que proporcionan drons a Moscova